Santiago acollerá seis exposicións e varias actividades do Outono Fotográfico 2016

A cidade de Santiago de Compostela acollerá ao longo do mes de novembro un total de seis exposicións e varias actividades do festival Outono Fotográfico, que estenderá as súas propostas por 25 cidades de Galicia e Portugal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2016 | Actualizada ás 13:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A cidade de Santiago de Compostela acollerá ao longo do mes de novembro un total de seis exposicións e varias actividades do festival Outono Fotográfico, que estenderá as súas propostas por 25 cidades de Galicia e Portugal.

Así o apuntou o director do festiva, Xosé Luis Vázquez, que presentou as actividades compostelanas da cita nunha rolda de prensa en compañía da concelleira de Cultura de Santiago, Branca Novoneyra.

Como parte da programación do festiva, seis centros socioculturais da cidade acollerán outras tantas exposicións entre os días 3 e 30 de novembro.

En concreto, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá a mostra 'Lonely Eyes for empty spaces', de Bernardo Cañizares, que analiza a concepción de espazo público como lugar privado e individual; mentres que o Aurelio Aguirre de Conxo albergará 'A mirar para o interior', de Miguel Vasconcelos.

O Centro Social da Trisca, pola súa banda, exporá a mostra colectiva 'Fasquía. S.F. Feitura, aparencia dun barco', realizada por 15 estudantes do IES A Cachada de Boiro (A Coruña) guiados polo fotógrafo José Caruncho nun estaleiro.

PREMIO GALICIA

No Centro Sociocultural O Ensanche, os compostelanos poderán observar os gañadores do II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea: José Romay, con 'Rururbania Salnés', e Berto Macei, con 'Le cirque noir'.

Finalmente, o Agustín Bo de O Castiñeiriño será a localización da mostra colectiva 'Roldando', a cargo dos alumnos do IES Chamoso Lamas e sobre aldeas semiabandonadas do Val do Varón; mentres que o José Saramago de Vite acollerá 'Dentro-Fora do curro', un traballo de José López Pérez sobre 'A rapa das bestas'.

OUTRAS ACTIVIDADES

Do mesmo modo, Santiago de Compostela acollerá os días 18, 20, 25 e 27 de novembro o Taller de Iniciación á Fotografía Dixital, unha das actividades paralelas do festival.

Así mesmo, os días 14 e 21 de novembro celebrarase na capital galega o curso de 'Retoque Fotográfico con Lightroom' e os días 1, 3, 8 e 10 de febreiro terá lugar o taller de Fotografía Dixital Creativa.

OUTONO FOTOGRÁFICO

O 'Outono Fotográfico ofrecerá este ano, nos seus 34 edición, 92 exposicións en 25 cidades (20 de Galicia e cinco de Portugal) co lema 'Dentro e Fóra', como reivindicación do encadre e do que os artistas deciden mostrar o público coas súas imaxes.

Así nesta edición poderanse ver as obras de 304 autores, entre mostras individuais e colectivas, e haberá máis de 70 espazos expositivos distribuídos en 25 cidades.

En concreto, poderanse visitar exposicións nas catro capitais galegas, pero tamén en Lisboa, Braga, Chaves, Avintes e Vilanova de Gaia (Portugal). Algunhas das localidades galegas que acollerán eventos do Outono serán: Celanova, Chantada, Vigo e Santiago de Compostela.

Tamén haberá 14 cursos en localidades como Ourense, Santiago, Vigo, Chantada e Monforte de Lemos. Serán talleres de iniciación á fotografía dixital, de retoque fotográfico, fotofrafía dixital creativa e revelado de fotos en branco e negro.

Estas actividades formativas completaranse con tres rutas fotográficas. O 30 de outubro polos camiños da Ribeira Sacra; o cinco de novembro, pola Serra do Courel e o fin de semana do 17 e 18 de decembro polos Ancares lucenses.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta