VIGO | 03/11/2016 | Actualizada ás 19:12 por EUROPA PRESS
A dirección da planta de procesado porcino e conservas Frigolouro do Porriño (Pontevedra), trasladou este xoves aos seus traballadores, unha mensaxe de "tranquilidade", asegurando que manterá a súa actividade nesta factoría, horas despois de emitir un comunicado no que sinalaba que "valora" trasladar esa actividade ao Norte de Portugal pola "baixa competitividade".
Frigolouro, do Grupo Coren, sinalou que a planta do Porriño (en funcionamento dende hai 37 anos) presenta baixos niveis de competitividade "derivados do esforzo por manter o equipo propio e pola conflitividade existente", aludindo a que, dos 600 empregados que ten, hai 250 autónomos subcontratar e 350 operarios propios, cos custos laborais que iso supón.
Fontes do comité de empresa consultadas por Europa Press, precisaron que este xoves a dirección emitiu un comunicado interno para asegurar os operarios que "a actividade se manterá no Porriño", onde tamén se seguirá realizando a matanza e despezamento. Non obstante, segundo a versión dos sindicatos, a empresa precisou que "o que se faría en Portugal sería as posibles ampliacións de actividade ou os novos investimentos".
Segundo os representantes dos traballadores, a "ameaza" de deslocalización da empresa é "unha forma de amedrentar" ao equipo, e denunciaron que "o de irse a Portugal non é novo, sempre que teñen oportunidade sácano a relucir".
En todo caso, os sindicatos manterán reunións en próximos días e, posteriormente, celebrarase unha reunión do comité "para decidir qué medidas se toman".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.