SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2016 | Actualizada ás 13:47 por EUROPA PRESS
Un home perdeu a vida na madrugada deste domingo en Bergondo (A Coruña) tras ser alcanzado por un turismo que trataba de incorporarse á AP-9 Ferrol.
O accidente rexistrouse ao fío das 6,00 horas na AC-164, a dous quilómetros do acceso á autoestrada en dirección Ferrol, segundo indicou o CAE 112 Galicia nun comunicado.
Ademais, a vítima quedou atrapada debaixo do vehículo e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos. Con todo, os servizos sanitarios de urxencia nada puideron facer por salvar a vida do home.
Foi o condutor do turismo quen puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron bombeiros, profesionais sanitarios, axentes de seguridade e membros do instituto forense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.