Por Lara Méndez | Galicia | 11/12/2009
Dende o organismo pronvicial xa estamos a tramitar a última fase da adxudicación deste servizo, cuxa licitación será de tal magnitude que terá que sair publicada no Diario Oficial da Comunidade Europea para que, no primeiro trimestre do ano, os veciños dos 47 Concellos xa se beneficien do novo sistema de contratación conxunta.
Esta é unha fórmula de cooperación máis con todos os municipios da provincia. Trátase de producir unha economía de escala para lograr aforros significativos nun ano no que os novos ingresos do Estado van a verse reducidos. Da mesma forma, é unha iniciativa coa que o nos convertiremos no segundo cliente máis importante da provincia se exceptuamos a multinacional Alcoa polo que trataremos que se presenten ao concurso o maior número de empresas posibles, e así lograr a mellor oferta para os veciños de Lugo.
Lara Méndez é vicepresidenta da Deputación de Lugo