SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2016 | Actualizada ás 21:13 por EUROPA PRESS
A coruñesa Tatiana Costa, alumna da Escola de Hostalaría Álvaro Cunqueiro, proclamouse campiona de España no primeiro concurso nacional de receitas 'Mediterraneamos 2016', destinados a estudantes de hostalaría e restauración e organizado polo Ministerio de Agricultura.
En concreto, Tatiana Costa fíxose co premio grazas á súa receita 'La Aceitunera', que combina tres olivas de Grecia, Italia e España con aceites de oliva particulares de cada país e tres legumes.
Durante o concurso, Costa preparou un 'trampantollo' no que cada unha das olivas colgaba dunha oliveira en tamaño bonsai.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.