Atropelado un menor en Val do Dubra

Trasladan a unha persoa en Carral por inhalación de fumes tras rexistrarse un incendio na súa vivenda unifamiliar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2025 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Un menor resultou ferido este mércores tras ser alcanzado por un turismo no municipio coruñés de Val do Dubra. Foi trasladado polo helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia.

Segundo informou o 112, un aviso ao redor das 15.30 horas desta tarde permitiu activar un operativo para a atención e evacuación urxente do neno. Tal e como sinalaba o alertador, o menor estaba grave. O suceso tivo lugar en Portomouro, na rúa de Entreponte.

Parecía ter agluna fractura e estaba previsto que se lle realizase un exame profundo por un golpe na cabeza, segundo confirmou o propio alcalde da localidade. Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, tamén participaron axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como voluntarios de Protección Civil da localidade.

TRASLADADA UNHA PERSOA EN CARRAL POR INAHALACIÓN DE FUMES

Por outra banda, unha persoa tivo que ser trasladada a un centro sanitario en Carral (A Coruña) por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio na súa vivenda unifamiliar.

Sanitarios trasladan unha padiola dunha ambulancia ao servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela
Sanitarios trasladan unha padiola dunha ambulancia ao servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta