SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2016 | Actualizada ás 20:11 por EUROPA PRESS
O maior campionato de FP a nivel galego, Galicia Skills, repartiu galardóns en 17 especialidades de distintas familias profesionais a máis de 30 alumnos.
O recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca acolleu dende o mércores a celebración deste evento e este mesmo venres a entrega de medallas na IV edición do campionato, que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
En total, Galicia Skills 2016 reuniu 100 estudantes de 40 centros educativos, competindo de modo simultáneo.
Román Rodríguez destacou que preto do 80 por cento dos estudantes que remataron estudios de FP atopou traballo, unha realidade que atribuíu ao "esforzo e as destrezas" adquiridas por este alumnado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.