Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2025 | Actualizada ás 15:10
O corpo sen vida dunha persoa foi localizado dentro dun trasformador dunha subestación situada na rúa de Compostela, en Carballo.
Segundo informou o 112 Galicia, foi sobre as 12.30 horas deste xoves cando persoal da empresa eléctrica deu a voz de alarma. Ata o lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Policía Local.
Os servizos de emerxencias traballan para desconectar a corrente e poder recuperar o corpo da persoa falecida. Pola súa banda, as forzas da orde investigan os feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.