A Irmandinha, contra Cataluña

A Selección Galega feminina tamén regresa e xogará o vindeiro xoves 22 contra a Selección Catalana no campo da Lomba de Vilagarcía. As internacionais Vero Boquete e Mari Paz Vilas liderarán o combinado galego.

Por gcdeportes | Compostela | 04/12/2016 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

En maio foi a Irmandinha masculina contra Venezuela en Riazor, pero o regreso estaba incompleto, e agora chega o turno para a Irmandinha feminina, un regreso que será realidade o vindeiro xoves 22, día no que a Selección Galega feminina absoluta xogará contra a potente Cataluña, logo do acordo alcanzado por ambas as dúas federacións.

Mari Paz Vilas, a pichichi do Valencia, liderará a Selección na súa casa.
Mari Paz Vilas, a pichichi do Valencia, liderará a Selección na súa casa. | Fonte: valenciacf.com

O Estadio municipal da Lomba, en Vilagarcía de Arousa, é o lugar elixido para albergar este partido, comprometido pola Federación Galega de Fútbol para este ano. En primeiro lugar polo interese amosado polo Concello de Vilagarcía en acoller o encontro e tamén por ser sede dun dos clásicos do fútbol feminino do país, o Atlético Arousana, de onde saiu unha das mellores futbolistas galegas, a dianteira do Valencia Mari Paz Vilas.

Federación e Concello pecharon o acordo nos últimos días e A Lomba convertirase no centro de atención do fútbol galego, co choque que contará cunha decena de internacionais, como as galegas Vero Boquete, este ano no PSG francés, e a propia Mari Paz Vilas. O partido dará comezo ás 19:00 horas e será retransmitido en directo polas televisións de Galicia e Cataluña.

A presentación oficial do partido levarase a cabo nos vindeiros días e será aí cando a FGF amplíe a información sobre o precio das entradas, o sistema de venda e todo o relativo ó encontro.
A dirección deportiva da Federación decidiu que sexan os propios adestradores das seleccións galegas femininas de base os que asuman tamén a dirección técnica da Selección Absoluta. Quin Valbuena (seleccionador sub-18) e Susú Cores (seleccionadora sub-12) formarán un tándem técnico, mentres que Edu González (seleccionador sub-16 e licenciado en INEF) realizará a función de preparador físico do equipo.

Vero Boquete celebra un gol co Frankfurt alemán.
Vero Boquete celebra un gol co Frankfurt alemán.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta