AGAL aproba a confluencia das dúas tradicións normativas do reintegracionismo

A Associaçom Galega da Língua aproba en asemblea unha única proposta ortográfica e morfolóxica.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/12/2016 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) aprovou en asembleia o texto que recolle a confluencia das dúas tradicións normativas que coexistían no reintegracionismo, que agora contará cunha única proposta ortográfica e morfolóxica. A Ortografia Galega Moderna converxente co portugués no mundo (nome provisorio) será lanzada nunha aplicación para móbiles e nunha wiki-faq, onde xe se atopa unha primeira versión que tamén será editada en libro (com exercíicios prácticos) o próximo mes de xaneiro.

Foto de familia da Associaçom Galega da Língua
Foto de familia da Associaçom Galega da Língua | Fonte: AGAL.

AGAL lembra que desde o nacemento do movemento reintegracionista contemporáneo, convivían nele dúas sensibilidades, con usos gráficos más ou menos converxentes co portugues no mundo. En termos normativos, isto reflectíase no uso de dúas normas independentes, cuxas principais discrepancias entre si era o uso de formas diverxentes para o indefinido feminino (uma/umha) e para a terminación que na Galiza pronunciamos –om/-am, que habíaa quen a escribía con til (ão) e quem nom (om/am).

Na práctica, esta confluencia normativa aprobada implica unha ampliación das normas da AGAL, que pasan a incluír algunhas duplicidades, aquelas que, segundo a propia asociación, están xustificadas nos usos conscientes dos reintegracionistas. Así, serán relegados alguns trazos gráficos que non se jxustificam no uso actual do reintegracionismo (como 'oç' no inicio de palabra ou a forma irmám acabada en '–am').

AGAL compara este proceso con experimentado pola propria normativa ILG-RAG do galego en 2003, na que agora conviven as terminacións 'ble-bel' ou 'eria-aria'.

Con este paso, a asociación admite que a “normativa” debe acompañar a realidade, admitindo os usos reais, xa que era evidente que cada vez máis reintegracionistas facían uso de formas que nom recollía a norma da AGAL agora ampliada.

Para obteres máis informaçom sobre a nova proposta ortográfica da AGAL pódese consultar en liña o primeiro capítulo: “Esclarecimentos prévios”.

Na asemblea, AGAL tamén aprobou no Pazo da Cultura de PonteVedra (no marco do Culturgal) os obxectivos estratéxicos e os orzamentos para 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 sicologo de garda

Os americanos teñen a ciencioloxia, aquí temos os lusistas, seudociencias moi semellantes.

1 anonimo

Desde cando o lusismo aspira a ser ciencia, mira que es animal.

2 Harizti

Hai tempo que esta xente perdeu o norte, facendo que a maioría dos galegos non se recoñezan nunha lingua chea de palabras inexistentes en galego. A ortografía portuguesa está pensada prá fonética portuguesa, mais que sentido ten pra un galego escribir ditongos nasais que non existen nin nunca houbo en galego, ou usar "você", onde se di isto en Galiza?

1 Susavila

Acho, na primeira olhada, que o senhor está 'centrado', sem perigosos ventos contaminantes... Parabéns pela muralha mental! Mas, donde há nativos que digam "Galiza"? E a norma dum "prá"? Pergunto, e se o senhor sofre de prejuízos raciais? Não se incomode, é moda dos nossos tempos!

2 amoxegador

Palavras inexistentes em galego? Se calhr o teu modelo de língua é o de "Land Rover", quer dizer, inçado de castelhanismos.

1 Tarasca Aberta

Enton é certo que se lles deron de baixa mais da metade

1 José Luís

Nom, nom é certo. Os dados oficiais, legalmente inscritos no livro de sócios e apresentados a passada semana em assembleia geral, revelam aumento continuado de pessoas associadas desde 2009. Nom houvo umha cisom, como algumas más línguas inventárom. Quem vos dera!

2 Meileiro

Na foto só aparece unha ducia de persoas mais ou menos logo que sodes o "Compromiso" da lingua, como ese partido que son catro gatos pero xera moitas noticias en medios alternativos e inexistente na sociedade

3 José Luís

432 sócias e sócios ao corrente no pagamento das quotas, não como outras entidades. Pouca gente na foto? Havia mais associados trabalhando e visitando postos no Culturgal (a assembleia foi no paço da Cultura de Ponte Vedra), mas… mede-se uma entidade pola gente na foto? Fica sabendo que as assembleias mais concorridas na AGAL se produzem quando há eleições ou polémica, e esta foi (como quase todas desde 2009) um remanso de paz. Fica descansado e ensimesmado nos teus ódios atávicos, que nós vamos ao nosso, com a cabeça bem alta e digna ;-)