En Marea pedirá no Congreso a rehabilitación do Pazo de Goiáns, situado no municipio coruñés de Boiro

O grupo parlamentario de En Marea pedirá no Congreso dos Deputados a rehabilitación do Pazo de Goiáns, situado no municipio coruñés de Boiro, un "patrimonio histórico e cultural" que se atopa nun estado "ruinoso".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2016 | Actualizada ás 20:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario de En Marea pedirá no Congreso dos Deputados a rehabilitación do Pazo de Goiáns, situado no municipio coruñés de Boiro, un "patrimonio histórico e cultural" que se atopa nun estado "ruinoso".

Este luns, a deputada nacional Yolanda Díaz visitou a localidade da bisbarra do Barbanza, onde, acompañada por membros da formación Boiro Novo, tratou de coñecer a situación da edificación situada na parroquia de Lampón.

Non obstante, segundo apuntou En Marea a través dun comunicado, o Concello de Boiro, gobernado polo PP, "non lle permitiu o acceso" a Díaz e os seus acompañantes.

Así as cousas, a parlamentaria comprometeuse a impulsar "varias iniciativas, entre elas unha Proposición Non de Lei (PNL) para rehabilitar este espazo magnífico", así como "preguntas escritas e orais" ao Goberno e "varias emendas parciais aos presupostos do Estado".

"SITUACIÓN DE ABANDONO"

"O Goberno debe responder ante a situación de abandono do Pazo de Goiáns despois de achegar catro millóns para a súa compra", apuntou Díaz, para logo engadir que o seu grupo "pedirá responsabilidades" ao Ministerio de Cultura.

Así as cousas, Boiro Novo trasladou a En Marea que "o obxectivo" dos populares deste municipio é "deixar caer o Pazo e declaralo ruinoso" para poder "construír un centro comercial", o que contradí "o convenio da compra" entre a casa do concello boirense e o Goberno central, que "estipulaba que se debería usar para un fin social e cultural".

"Durante todo este tempo o PP de Boiro non xestionou nin un solo euro para a rehabilitación do Pazo", denunciou a concelleira de Boiro Novo Doures Torrado, que apuntou que o Goberno local "non executou unha partida de 500.000 euros" destinada á restauración do inmoble que viña recollida nos Presupostos do Estado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta