Hat-trick galego na Champions

O coruñés Lucas Pérez convertese no primeiro galego en marcar tres goles no seu debut como titular na Champions League, na vitoria do Arsenal 1-4 ante o Basilea, que serve aos londinenses para pasar como primeiros de grupo.

Por gcdeportes | A Coruña | 07/12/2016 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Marcou dous goles nos primeiros 16 minutos, e o terceiro nada máis principiar o segundo tempo. O coruñés Lucas Pérez, con 28 anos, fixo historia ao marcar tres goles co Arsenal no seu debut como titular na Champions League, na vitoria dos gunners 1-4 en Basilea. A goleada serve ao equipo do dianteiro coruñés para acceder aos oitavos de final como campión do grupo A, beneficiado polo tropezo do PSG francés na súa casa ante o Ludogorets.

Lucas Pérez, tres goles co Arsenal en Basilea.
Lucas Pérez, tres goles co Arsenal en Basilea. | Fonte: @Arsenal

Non desperdiciou o dianteiro galego a súa estrea como titular en Champions, tras recuperarse dunha lesión que o levou a traballar en Abegondo cos seus ex-compañeiros. Gozou dunha noite máxica en Europa o ex-deportivista, que rematou á rede case cada balón que recibiu. Sólidos argumentos para convencer a Arsene Wenger, o seu técnico, das súas posibilidades. En setembro, na Copa da Liga, Lucas Pérez estrearase como goleador gunner cun dobrete na vitoria do Arsenal 0-4 ante o Nottingham Forest.

Lucas Pérez únese deste xeito ao selecto grupos de xogadores (nove) que marcaron un hat-trick no seu primeiro partido como titulares na Champions. É o sétimo xogador español en marcar tres goles nun partido da máxima competición europea: Raúl (Real Madrid, 1995), Gerard López (Valencia, 2000), Morientes (Valencia, 2006), Joseba Llorente (Vilarreal, 2008), dúas veces Soldado (Valencia, 2011 e 2012) e Negredo (Manchester City, 2013). Ademáis, Walter Pandiani (2000-01) e Roy Makaay (2002-03) conseguiran un hat-trick co Dépor na Champions.

Lucas Pérez recibe a felicitación dos seus compañeiros tras marcar.
Lucas Pérez recibe a felicitación dos seus compañeiros tras marcar. | Fonte: @Arsenal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta