Sindicatos pídenlle aos clientes de Segur Ibérica que axuden a pagar os salarios

USO, CCOO e CIG levan semanas actuando conxuntamente para que os traballadores poidan cobrar o que se lles adebeda.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/12/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

USO, CCOO e CIG, as tres centrais sindicais presentes no Comité de Empresa de Segur Ibérica na Coruña, iniciaron unha rolda de visitas aos clientes desta empresa co fin de buscar unha pronta solución para os seus compañeiros ante a situación de falta de pagamento de salarios que están a sufrir.

Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros
Protesta de traballadores de Segur Ibérica en Oleiros | Fonte: Europa Press.

Os sindicatos buscan que as empresas e organismos "se involucren, reteñan a facturación pendente de abonar á compañía de Seguridade e consideren a opción de negociar un pago directo". Esta opción xa a puxeron en práctica algúns clientes coas nóminas do pasado mes de outubro, "ante a previsión dun desfalco salarial aos traballadores", segundo apuntan os sindicatos.

Ademas, denuncian a falta de vontade de Segur Ibérica de solucionar este conflito e critican que, máis que facilitar información aos representantes dos traballadores sobre a situación da empresa, "practican o terrorismo informativo, provocando unha sensación de completa indefensión aos afectados".

USO, CCOO e CIG levan semanas actuando conxuntamente. Din que o fan para "resolver esta situación con responsabilidade e coherencia, á marxe de condutas arribistas baleiras de contido doutras centrais sindicais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta