Patricia Argerey toma posesión como directora da Axencia Galega de Innovación

Patricia Argerey Vilar tomou posesión como nova directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) este venres en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2016 | Actualizada ás 18:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Patricia Argerey Vilar tomou posesión como nova directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) este venres en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Así, segundo trasladou a Xunta nun comunicado, a nova responsable de Gain mostrou o seu agradecemento polo nomeamento, ao tempo que indicou que o seu obxectivo é "traballar polos galegos e galegas para impulsar a innovación na comunidade".

Argerey Vilar, nacida en Lugo no ano 1997, é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Dende o ano 2013 foi xefe de gabinete do conselleiro de Economía, un cargo que ocupou logo de ser asesor do presidente da Xunta dende que Feijóo chegase a San Caetano en 2009.

"VOCACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO"

Pola súa banda, Francisco Conde resaltou que a nova directora de Gain ten como meta "que Galicia e a súa industria sigan incorporando a innovación ao seu ADN", para logo incidir "na vocación de servizo público" de Argerey Vilar.

Así mesmo, destacou que, de aquí ao ano 2009, este departamento da Xunta afronta "grandes retos" como "o polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados" de Rozas (Lugo), o "cumprimento da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)", "estreitar o vínculo" entre empresa e universidade ou o "desenvolvemento da Compra Pública Innovadora", entre outros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta