Temas: RAGC

A Real Academia de Ciencias debate en Santiago sobre as tecnoloxías da información e da comunicación

A Real Academia Galega de Ciencias celebrará entre o 12 e o 15 de decembro en Santiago os XIX Avances en Ciencia e Tecnoloxía, un encontro que se presenta baixo o título 'Tecnoloxías da información das comunicacións: o futuro xa chegou'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2016 | Actualizada ás 07:13

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega de Ciencias celebrará entre o 12 e o 15 de decembro en Santiago os XIX Avances en Ciencia e Tecnoloxía, un encontro que se presenta baixo o título 'Tecnoloxías da información das comunicacións: o futuro xa chegou'.

Na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, as xornadas analizarán a influencia "determinante" deste tipo de tecnoloxías no "desenvolvemento socioeconómico" dun sistema produtivo "moderno e sostible, baseado no coñecemento".

Segundo explicou a organización, o ciclo vai dirixido a un "público moi diverso", que abrangue estudantes, investigadores, profesionais e directivos de empresas, persoal de administracións públicas ou persoas alleas ao mundo das TIC pero con interese na cuestión.

O ciclo componse de catro conferencias e catro mesas de diálogo nas que intervirán persoas expertas no tema. A apertura correrá a cargo do vicepresidente da CEG, Antonio Fontenla, o presidente da RAGC, Miguel Ríos Fernández, e do coordinador do ciclo, Senén Barro.

Temas: RAGC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta