Por GC Tendencias | Pontevedra | 13/12/2016 | Actualizada ás 15:00
Narra a historia da sala de festas Paraíso que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra, naceu ao pechar o Paraíso. Logo emigraron e andaron dun lado a outro. Vintecinco anos despois, Eva traballa en Muros no supermercado que hai onde estaba o Paraíso. Antonio segue en Canarias e Álex fai o seu primeiro documental sobre seus pais.
As entradas para a actuación no Teatro Principal de Pontevedra poden mercarse en Ataquilla dende só 7,7 euros. Será este xoves15 de decembro a partir das 21 horas.
Chévere é unha compañía xa clásica. Con 29 anos de traballo ás costas, é coñecida pola súa proposta tan irreverente como xenuina e un sólido compromiso social, político e cultural. No ano 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro.
As obras de Chévere levan ao palco os debates do presente, documentándoos escénicamente cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Exemplos deste modus operandi son obras recentes como Testosterona (2009), a triloxía de Citien (2010-2011), Eurozone (2013), Ultranoite no País dos Ananos (2014) ou As Fillas Bravas (2015).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.