O incrible patinador cego galego

Esta é a exemplar peripecia de Marcelo Lusardi, un rapaz de Santiago afeccionado ao monopatín. El era un adolescente máis dos que frecuentan as pistas detrás do Parlamento de Galicia até que perdeu a vista dun ollo. Malia que os médicos dicíanlle que non lle pasaría ao outro, aos poucos meses perdeu a visión por completo, pero non as ganas de ser un skater.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/12/2016 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

“Agora patino mellor que antes e teño menos  medo” relata Marcelo neste pequeno documental Blind River, que na súa versión en inglés suma máis de 15.000 reproducións en pouco máis de dúas semanas.

Marcelo Lusardi, patinadador
Marcelo Lusardi, patinadador | Fonte: Runastudio Blind Rider Youtube

Un éxito merecido, pois o vídeo -producido por Runastudio- mostra sen ocultar nada, pero sen caer tampouco no sentimentalismo barato, o difícil que está a ser esta enfermidade e o esforzo do patinador.  “A xente tamén pode aprender moito de min (...) todo ten soluciónna vida”, conclúe o rapaz.

Abofé que el demostra que é certo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta