A organización ultracatólica Hazte Oír reparte panfletos en colexios galegos contra a diversidade sexual

As entidades LGBTI galegas envían un escrito á Consellería de Educación e á Valedora do Pobo para alertar destas prácticas propagandísticas "lamentables" e estudan a posibilidade de denunciar este feito ante o Ministerio Fiscal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/12/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A organización ultracatólica Hazte Oír estivo a distribuir recentemente por centros de ensinanza de toda Galicia e de España un panfleto co título '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', no que se ataca duramente a educación no respecto á diversidade sexual e de xénero e no que se verten afirmacións incertas sobre as leis para a igualdade LGTBI aprobadas en varias comunidades  autónomas, entre elas Galicia coa Lei 2/2014, de 14 de abril.

Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.
Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.

O panfleto preséntase como unha publicación que "describe una amenaza real para las libertades y los derechos fundamentales", referíndose así ás leis autónomicas que garanten a liberdade sexual e, polo tanto, protexen os dereitos de individuos e preveñen o odio. Con todo, segundo Hazte Oír, estas normas, aprobadas en dez autonomías, "entregan la educación de nuestros hijos a colectivos LGTBI", aos que os ultracatólicos negan dereitos fundamentais.

A propia portada do panfleto é unha manipulación na que se pode ver a dous cativos facendo o saúdo fascista a unha bandera arco iris, símbolo dos colectivos LGTBI, e que é unha montaxe sobre unha foto orixinal tomada en España en 1939 de dous nenos saudando un cartel do ditador Francisco Franco nun muro na rúa.

Ante estes feitos, que consideran "lamentables", as entidades LGTBI galegas veñen de presentar un escrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e á Valedora do Pobo para "expresar a nosa fonda preocupación e máximo rexeitamento ás afirmacións vertidas por Hazte Oír na súa propaganda", xa que entenden que "son contrarias aos valores contidos no noso ordenamento xurídico e incita ós delitos de odio por motivo de orientación e identidade sexual".

No escrito, instan á Consellería e á Valedora do Pobo a "preservar unha boa e inclusiva convivencia nos centros educativos, entendendo a diversidade como un valor a respectar, e creando as condicións necesarias para previr e, no seu caso, tratar calquera manifestación da incitación ao odio, do acoso escolar ou de discriminación dun alumno ou alumna por mor da súa identidade ou orientación sexual".

Así mesmo, as entidades LGTBI galegas están a estudar a posibilidade de denunciar este feito "tan deleznable" ante o Ministerio Fiscal, por entender que "este panfleto vulnera varios artigos da lexislación internacional, española e galega, así como a protección xurídica do menor, incitando o dio cara o colectivo LGTBI".

Os individuos LGBTI galegos —lesbianas, gais, bisexuais, persoas transxénero e intersexuais— denuncian que "o texto difundido pretende crear unha alarma inxustificada entre as familias do alumnado e entre a comunidade educativa en xeral, denostando —con argumentos ideolóxicos e discriminatorios— á comunidade LGTBI, á que acusa de forma absolutamente infundada, de querer causar un grave dano ó alumnado".

"Nunha sociedade democrática e plural, o respecto á diversidade é un piar básico da convivencia, e a educación é un instrumento imprescindible para transmitir ao alumnado ese respecto ás realidades diversas existentes. Non esquezamos, ademáis, que o alumnado LGTBI é un dos que mais sofre o acoso escolar nos centros educativos, polo que é imprescindible que se cumpran todas as medidas  legalmente establecidas para garantir o benestar das nenas, nenos e mocidade LGTBI nos colexios e institutos galegos", explican estes colectivos.

Entre as súas demandas, tamén piden que se traslade mediante escrito oficial aos equipos directivos dos centros educativos galegos a "necesidade de perseverar na educación os principios e valores democráticos recollidos na lexislación internacional, nacional e autonómica, sendo especialmente coidadosos e escrupulosos no material difundido entre o alumnado e utilizado na función docente, e rexeitando calqueroutro que non cumpra con estes requisitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Bufffff

Contra lo que están es contra la infección de la ideología de género porque la Iglesia tiene su propia antropología que en ningún caso, ni siendo católico ni ultracatólico, acepta la ideología de género.

2 Fartodenaziocomunistasindepes

La organización nacionalista, comunista e independentista del BNG a través de sus satélites, A Mesa pola normalización lingüística, Queremos Galego y el sindicato CIGA Ensino, llevan años repartiendo propaganda y panfletos a padres y pequeños contra la LOMCE, la libertad de elección de lengua vehicular en la enseñanza, así como manipulando a la comunidad escolar en lo referente a cuestiones políticas e identitarias. Lo hacen además a costa del erario público y cuentan con la colaboración de algunos profesores, directores de centros y ciertas anpas controladas por padres nazionalistas y ultraizquierdistas al servicio de la causa ¿les suena de algo?

1 Galegus

La inquisición progre del lobby gay cada día resulta más insoportable. Ni ultracatólica ni gaitas. Sólo reparte información sobre la doctrina de la Iglesia al respecto. Que empiecen por quitar la bandera del arco iris de las instituciones públicas y luego hablamos.

1 Bobegus

hombre, no serás tú uno de esos chaperos empedernidos perversores de menores que después se viste de ciudadano cristiano ejemplar? Porque mira que de esos hay muchos eh?

2 Galegus

No conozco ninguno de esos que cuentas, pero ya que lo comentas, a lo peor tu eres de esos y quieres barra libre para hacer lo que te plazca con los demás, con o sin su consentimiento ¿A que sí?¿A que te remuerden la conciencia estos mensajes y por eso quieres matar al mensajero?