SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2016 | Actualizada ás 19:07 por EUROPA PRESS
A Xunta rematou de construír beirarrúas na estrada P0-548, que cruza Pontecesures (Pontevedra), tras dous meses de obras. Os traballos foron realizados pola empresa 'Marconsa, Movemento de Áridos e Construcións de Arosa, S.L '. cun presuposto de máis de 53.000 euros.
Segundo informou a Xunta este domingo a través dun comunicado, a actuación desenvolveuse nun tramo urbano que non tiña beirarrúas na marxe esquerda e unha pequena á dereita, polo que buscaban "unir os tramos existentes".
As obras consistiron no corte do pavimento, a alienación dos bordos e a execución dos tramos que faltaban. Así mesmo, baixo a beirarrúa colocaron tubos pluviais e realizouse a canalización eléctrica da iluminación pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.