Localizados catro mozos perdidos con quads nun monte na Estrada (Pontevedra)

Catro mozos foron localizados na madrugada deste martes por efectivos do GES da Estrada (Pontevedra) despois de perderse no monte cando facían unha ruta en quads.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2016 | Actualizada ás 09:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Catro mozos foron localizados na madrugada deste martes por efectivos do GES da Estrada (Pontevedra) despois de perderse no monte cando facían unha ruta en quads.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, os catro mozos foron localizados sans e salvos despois de que un particular, pasados uns minutos das 00,30 horas deste martes, chamase para pedir axuda.

O alertante indicou que os catro mozos saíran a facer unha ruta en quads polo Monte San Torcado, en Enviande-Montillón, na localidade da Estrada, fíxose de noite e perdésense. Segundo asegurou, ademais, todos estaban en boas condicións.

A partir de aí, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo de busca no que participaron a Guardia Civil e os efectivos do GES e de Protección Civil da Estrada.

Finalmente, e grazas ao envío da súa localización a través do whatsapp, os mozos foron localizados en perfecto estado polos efectivos do GES que os acompañaron ata o lugar onde as súas familias os esperaban.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta