O PPdeG rexeita que Feijóo compareza sobre cargos do Sergas investigados polos fármacos da hepatite C

Os populares vetaron sendas iniciativas de En Marea, PSdeG e BNG para abordar esta debate na Cámara galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2016 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O Grupo popular rexeitou que compareza o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno que se celebra no Parlamento galego, tal e como demandaron os grupos da oposición, para "explicar por que mantén no cargo" no Sergas a Félix Rubial e Carolina González-Criado, aos que a Audiencia Provincial de A Coruña instou a investigar no procedemento aberto pola subministración dos tratamentos aos enfermos de Hepatite C por un suposto delito de homicidio en seis dos oito casos que inclúe a causa.

Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia. Quique Costas o primeiro pola esquerda
Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia. Quique Costas o primeiro pola esquerda | Fonte: BNG

Ao comezo do pleno, a voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón (BNG) reclamou alterar a orde do día da sesión co fin de que Feijóo dea explicacións, tal e como tamén fixo Luís Villares (En Marea). Petición á que tamén se sumou o Grupo socialista en palabras de Xoaquín Fernández Leiceaga.

De tal forma, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, deu luz verde a unha votación do pleno para decidir se se accedía a esa alteración da orde do día, nunha petición rexeitada polos deputados populares, fronte aos votos a favor da oposición.

A sesión arrancou con Santalices enviando o "apoio" e "solidariedade" da Cámara ao deputado socialista Raúl Fernández, ausente da Cámara despois de que a súa filla falecese o luns en accidente de tráfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta