Consello.- Mercedes Rodríguez Moreda releva como directora xeral de Pesca a Juan Carlos Maneiro

O Goberno galego aprobou o nomeamento de Mercedes Rodríguez Moreda como directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Juan Carlos Maneiro Cadillo, a quen o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu os servizos prestados.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2016 | Actualizada ás 16:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou o nomeamento de Mercedes Rodríguez Moreda como directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Juan Carlos Maneiro Cadillo, a quen o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu os servizos prestados.

Nacida en Foz (Lugo) en 1971, Rodríguez Moreda é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e premio extraordinario de licenciatura no ano 1994.

Dende a súa colexiatura exerce como avogada por conta propia na súa localidade natal, Foz. En 1997, prestou asesoramento xurídico da OPP-07-Lugo (Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo) e aos seus asociados ata 1999, ano no que pasou a ser a directora xerente da entidade.

Especializada en temas pesqueiros, representou a unha parte do sector pesqueiro galego en distintas audiencias ante a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo. Tamén é membro fundadora do Consello Consultivo Rexional das Augas Occidentais do Noroeste e das Sudoccidentais e de Longa Distancia.

Participou en numerosos grupos de traballo en materia pesqueira en calidade de experta e exerceu como profesora en varios máster e cursos de postgrao sobre economía pesqueira da USC.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta