SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2016 | Actualizada ás 11:59 por EUROPA PRESS
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, indicou este venres que os datos da autopsia apuntan a que o home sospeitoso de acoitelar á súa exparella en Santiago "se suicidou" e que levaba morto "un tempo considerable" cando foi localizado.
En declaracións aos medios pouco antes de participar en Santiago no acto da Translación, Villanueva apuntou que os primeiros datos da autopsia "indican que foi un suicidio", aínda que "se vai continuar realizando probas".
O cadáver do home, Adrián E.B., foi localizado por uns cazadores a primeira hora da mañá deste xoves nun monte da parroquia de Lestedo, no municipio coruñés de Boqueixón. Nas proximidades foi atopado tamén o seu vehículo.
Tal e como se avanzou o mesmo día e confirmou o delegado do Goberno, o estado do corpo indica que o presunto asasino levaba "un tempo considerable falecido" cando foi atopado.
A pesar de que se ditara unha orde de busca internacional contra el, Villanueva sinalou que os corpos e forzas de seguridade do Estado "centraran" as súas labores na zona na que foi atopado o cadáver, unha localidade na que o home residira con anterioridade.
"A busca estaba centrada, polos datos que tiñan, neses montes onde apareceu", dixo o delegado do Goberno, que vinculou este desenlace a "esa presión" dos axentes e a "tódalas circunstancias que estaban na mente desta persoa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.