Temas: TVG

TVG remata o ano colocándose como líder de audiencia das canles autonómicas

A Televisión de Galicia foi a canle autonómica máis vista en España no mes de decembro, rompendo así o liderado da televisión catalá, que quedou 0,6 puntos por debaixo. Foi ademais a canle máis seguida na noite de Fin de Ano e é, con TVE, a única que creceu en audiencia respecto a 2015.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2017 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia foi a canle autonómica máis vista en España no mes de decembro, rompendo así o liderado da televisión catalá, que quedou 0,6 puntos por debaixo.

Sala de control da TVG
Sala de control da TVG | Fonte: CRTVG.

A TVG alcanzou, así, unha cota de pantalla do 11,4% no total do día, grazas aos bos resultados dos informativos, os programas de entretemento para toda a familia e os espazos consolidados na grella da TVG, como 'Land Rober Tunai Show', 'Bamboleo', 'Luar' ou a serie 'Serramoura'.

No cómputo anual de 2016, a TVG foi, xunto con TVE, a única canle xeralista que creceu sobre o ano anterior, ao alcanzar unha audiencia media do 9,8%, o que significa cinco décimas de incremento anual. A isto pódeselle engadir outro 0,8% de audiencia media da TVG2. Na franxa de prime time, a TVG foi a segunda canle máis vista en Galicia, cun 10,9%, só por detrás de telecinco.

FIN DE ANO

No último día de 2016, a Televisión de Galicia foi a canle escollida polos galegos, ao rexistrar unha audiencia media do 16,4%, superando a todas as demais canles esa xornada. O 'Especial Fin de Ano' alcanzou unha cota de pantalla do 18,3%, cunha audiencia media de 136.000 espectadores.

Temas: TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta