Temas: ESPAñA EN MAREA

Os votantes de En Marea non cambiarían o modelo de Estado, segundo o CIS

O Centro de Investigacións Sociolóxicas fai público o barómetro de decembro, que confirma que a maioría dos electores da coalición galega non quere cambios no modelo territorial español, ao igual que os do PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/01/2017 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) fixo público o barómetro correspondente ao pasado decembro que confirma un mes máis que a maioría dos españois non quere cambios no modelo territorial español, que é a opción preferida entre os votantes do PP, do PSOE, de Ciudadanos, de Podemos e tamén da súa coalición 'irmá' En Marea.

Plenario de En Marea en Santiago
Plenario de En Marea en Santiago

Mensualmente, o CIS pregunta aos españois se cre que hai que manter o Estado das Autonomías tal e como está, avanzar cara a unha maior descentralización, restar competencias ás autonomías, abolilas definitivamente ou abrir a porta a que as comunidades se independendicen. Destas cinco opcións, a que sempre consegue máis adeptos entre os enquisados é a de deixar as cousas como están e así volveu acontecer en decembro, cando a esta postura se apuntou un 37,8% de respostas.

Esta fórmula de non modificar a actual estrutura do Estado foi a preferida entre os que en xuño deron o seu voto ao PSOE de Pedro Sánchez (43%), a Ciudadanos (34,6%) e a Unidos Podemos (29%). Non acontece o mesmo cos electores de En Comú Podem, a opción preferida da cal é a de dar maior autonomía ás comunidades (en novembro era a da autodeterminación), mentres que a opción maioritaria entre os votantes de En Marea é a de non tocar o Estado autonómico (44,4%).

OS ELECTORES DO PP CAMBIAN NUN MES

Tamén o son os votantes do PP (42,5%) que, non obstante, un mes antes, en novembro, decantáronse maioritariamente pola opción de implantar un Estado cun único Goberno central sen autonomías (36,2%).

Precisamente este modelo de Estado foi o elixido polo 18% dos españois, nos mesmos niveis que o mes anterior, e o mesmo aconteceu coas fórmulas de restar autonomías ás comunidades (9,6%).

Pola contra, o 14,4% dos cidadáns quere aumentar as competencias das que gozan as autonomías, unha opción que se incrementou lixeiramente respecto a novembro (13,5%) e que avalou o 45,7% dos votantes de En Comú, o 38,1% dos de Compromís e o 35,7% dos do PNV.

Os partidarios da autodeterminación obtiveron en decembro unha porcentaxe similar ao de hai un mes, anotándose un 9,7% de mencións. Precisamente a posibilidade de que as comunidades se convertan en estados independentes é a fórmula á que aspiran os votantes de ERC (88,6%) e de Convergència -agora Partido Demócrata Europeo Catalán- (54,1%).

Temas: ESPAñA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 FRPU

A realidade é a que é. E se preguntan aos 40 mil que aínda votan BnG-NósCaGa nunhas xerais, o resultado vai ser similar. Quen se queira autoenganar, que o faga. Pero por desgraza en Galiza tan só o 5% das votantes somos independentistas, unha porcentaxe que se reparte entre a xente que vota En Marea e a que o fai polo BnG. Está claro que o modelo territorial aínda non é un tema prioritario para o votante de esquerda en Galiza.

1 Galego ante todo

Penso que estás confundido, de eses votos que falas a maioría estaría a favor dun cambio de modelo do estado, eses 40.000 e catro máis resentidos que votan a Marea pero non atreven a plantexalo non vaia a ser que o dedo inquisidor dos mandriles o esmague.

2 comunista independentista

Coido que os que estades realmente en perigo de serdes esmagados por un dedo inquisidor "dos Mandriles" sodes os do Bloque. Évos o que ten alongar un pufo millonario coa banca española. The economy, stupid.

5 Ted Flanders

Jua Jua Jua Jua!!! Una grande libre! Modelo ideal para los "nacionalistas" de Anueva integrados en Puedemos+Izquierda Unida de España (y olé!) Teneis mi "boto" asegurado...Jua Jua Jua

4 VACALOURA

Podemos é tan españolista que as correntes nacionalistas de Catalunya, País Vasco, Valencia e Andalucía tenderán a integrarse en formacions meramente nacionalistas sexan independentistas ou non, os "nacionalistas" da Marea non teñen forza suficiente para facelo polo que seguiran tragando sapos e contradecíndose día tras día, non lles queda outra, a militancia activa de anova non son máis que unha equipa de futbol e o rédito de Beiras está a punto de esgotarse, a única referencia galega 100% é Alexandra procedente da FPG que debe estar cansa de tanto españolismo rancio.

1 coru

ja ja ja. Os da fpg sodes tan trapalleiros ou máis que eses anovos dos que falades agora con desdén.

3 Verdá Chovi

O problema é que os dirixentes tampouco. http://www.elmundo.es/espana/2015/1...

1 comunista independentista

Que un señor de Vallecas non sexa independentista entra dentro da normalidade. O que non debería ser tan normal é que un destacado da U coma M. A. Fdez. Lores declare: "Non vexo Galiza fóra de España" [sic]. Aí é cando o Bloque se revela como o que realmente é: a forza cipaia en Galiza.

2 GALEGO

A maioría dos votantes da Marea son de Podemos,algún nacionalista perdido queda pero cada vez menos non fai falla unha sondaxe para chegar a esta conclusión. Podemos foi a garantía da unidade de España, Grazas a este partido de laboratorio os nacionalismo Catalán, Vasco e Galego sobre todo víronse mermados con falsas promesas.