Temas: ESPAñA EN MAREA

Os votantes de En Marea non cambiarían o modelo de Estado, segundo o CIS

O Centro de Investigacións Sociolóxicas fai público o barómetro de decembro, que confirma que a maioría dos electores da coalición galega non quere cambios no modelo territorial español, ao igual que os do PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/01/2017 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) fixo público o barómetro correspondente ao pasado decembro que confirma un mes máis que a maioría dos españois non quere cambios no modelo territorial español, que é a opción preferida entre os votantes do PP, do PSOE, de Ciudadanos, de Podemos e tamén da súa coalición 'irmá' En Marea.

Plenario de En Marea en Santiago
Plenario de En Marea en Santiago

Mensualmente, o CIS pregunta aos españois se cre que hai que manter o Estado das Autonomías tal e como está, avanzar cara a unha maior descentralización, restar competencias ás autonomías, abolilas definitivamente ou abrir a porta a que as comunidades se independendicen. Destas cinco opcións, a que sempre consegue máis adeptos entre os enquisados é a de deixar as cousas como están e así volveu acontecer en decembro, cando a esta postura se apuntou un 37,8% de respostas.

Esta fórmula de non modificar a actual estrutura do Estado foi a preferida entre os que en xuño deron o seu voto ao PSOE de Pedro Sánchez (43%), a Ciudadanos (34,6%) e a Unidos Podemos (29%). Non acontece o mesmo cos electores de En Comú Podem, a opción preferida da cal é a de dar maior autonomía ás comunidades (en novembro era a da autodeterminación), mentres que a opción maioritaria entre os votantes de En Marea é a de non tocar o Estado autonómico (44,4%).

OS ELECTORES DO PP CAMBIAN NUN MES

Tamén o son os votantes do PP (42,5%) que, non obstante, un mes antes, en novembro, decantáronse maioritariamente pola opción de implantar un Estado cun único Goberno central sen autonomías (36,2%).

Precisamente este modelo de Estado foi o elixido polo 18% dos españois, nos mesmos niveis que o mes anterior, e o mesmo aconteceu coas fórmulas de restar autonomías ás comunidades (9,6%).

Pola contra, o 14,4% dos cidadáns quere aumentar as competencias das que gozan as autonomías, unha opción que se incrementou lixeiramente respecto a novembro (13,5%) e que avalou o 45,7% dos votantes de En Comú, o 38,1% dos de Compromís e o 35,7% dos do PNV.

Os partidarios da autodeterminación obtiveron en decembro unha porcentaxe similar ao de hai un mes, anotándose un 9,7% de mencións. Precisamente a posibilidade de que as comunidades se convertan en estados independentes é a fórmula á que aspiran os votantes de ERC (88,6%) e de Convergència -agora Partido Demócrata Europeo Catalán- (54,1%).

Temas: ESPAñA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 LKI

Información sesgada e tendenciosa elaborada cun único obxectivo: encirrar trols. Nótase ben cando a principal fonte de financiación dun dixital é a publicidade.

1 LKK