A lingua galega reafírmase nos Estados Unidos

A Modern Language Association celebra na cidade estadounidense de Filadelfia a súa tradicional Convención Anual, cuxo programa inclúe tres sesións sobre estudos galegos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/01/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A Modern Language Association of America (MLA) —a maior asociación de académicos da lingua no mundo— celebra na cidade estadounidense de Filadelfia, do 5 ao 8 de xaneiro, a súa tradicional Convención Anual, na que a lingua galega volve reafirmarse tras ser incluída en 2014 nos programas desta institución. Desta vez, son tres as sesións dedicadas ao galego. 

Gabriel Rei-Doval, un dos promotores do recoñecemento do galego na Modern Language Association (MLA).
Gabriel Rei-Doval, un dos promotores do recoñecemento do galego na Modern Language Association (MLA).

O venres 6 de xaneiro, na sesión 214, titulada What Is "Galician" in Galician Studies? (Que é "galego" nos estudos galegos), participan Antón Figueroa (Universidade de Santiago de Compostela), Alex Alonso (Brooklyn College da CUNY) e Gabriel Rey-Doval ( University of Wisconsin-Milwaukee).

O sábado 6 celébranse dúas sesións con presenza galega. A 621, dedicada á tradución, co título Translational Encounters in Galician Studies: Contemporary Literature across Transnational Borders, será coordinada por Olga Castro, experta en tradución galega que traballa en Aston (Birmingham, Reino Unido).

Por último, a sesión 634, sobre a estandarización do galego, co título The Standardization of Galician: A Response to Language Maintenance and Change in Languages in Contact, participarán Rosario Álvarez, Francisco Dubert e Xulio Sousa (os tres do Instituto da Lingua Galega, da Universidade de Santiago de Compostela), ademais de María Rey López, da Denver Metropolitan University.

O GALEGO NA MLA

O 13 de novembro de 2014, a Modern Language Association (MLA), a través da súa directora executiva, Rosemary G. Feal, fixo pública a aprobación definitiva do Foro Galician Language, Literature and Culture (LLC) no seo da súa organización. Con esta decisión, a lingua, literatura e cultura galegas integráronse no organigrama da MLA, en pé de igualdade coas demais linguas, literaturas e culturas do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 http://tinyurl.com/nyn8n4s

Felicidades, muchos parabienes. Gracias a este bolo subvencionado por la Xunta --que si no iba a haber gallego por el cara jo--, los chavales urbanos de aquí que aborrecen el gallego al habérselo impuesto en el colegio y constatar que a diferencia del castellano o inglés carece de utilidad, se van a ver impresionados porque en la capital del imperio consideren a Castelao en pie de igualdad con Cervantes o Shakespeare, y así se van a pasar en masa a la vernácula, hablando como los aborígenes espectadores de Luar, Supermartes o Land Rover. Como en el lobby del glogló y trakatrá del gallego hay mucho necesitado de mayor espacio en la frente aclaro: ironic mode off / y la abuela fuma.

1 Bulbluff

Migueliño Alvarez,vai durmir a mona