Denuncian que o “amoreamento de pacientes” é debido aos “recortes do Sergas”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade critica que se teñan retirado máis de 400 camas, persoal sanitario (máis de 1.700 profesionais) e centros de saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2017 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública atribúe o "amoreamento de pacientes" en servizos de urxencias de hospitais da rede pública autonómica á "política de recortes do Sergas".

Colapso nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o pasado decembro
Colapso nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o pasado decembro | Fonte: Galiza Ambulancia Twitter

Así o manifestoiu nun comunicado de prensa en relación a o aumento asistencial coincidente coa "epidemia de gripe", no que sostén que "o problema do amoreamento de pacientes afectados en corredores e salas dos servizos de urxencias é o recorte de máis de 400 camas, persoal sanitario (máis de 1.700) e centros de saúde asociados á redución do orzamento sanitario nun 18% nos últimos anos".

A asociación considera que eses recortes se estableceron para "cumprir co plan de austeridade e de redución da débeda imposta polo goberno de Rajoy".

"Esta situación vén a corroborar as advertencias que vimos realizando nos últimos anos sobre os riscos para a asistencia sanitaria e a sostenibilidade da sanidade pública, da política de recortes do Sergas,", indicou a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

Neste sentido, insiste en que "este colapso non ten que ver coa gravidade desta enfermidade que non supón ningún risco para a maioría da poboación" dado que, segundo engade, "as características do virus da gripe deste ano son similares aos de anteriores". Ademais, concretou que "grande parte das persoas máis expostas a complicacións está vacinada".

Por todo iso, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe "unha auditoría da situación" en Galicia, así como "a reposición dos recursos suprimidos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta