Temas: GALEGO NORUEGA

“As realidades lingüísticas de Noruega e Galicia teñen moito en común”

O noruegués Kristian Hanto, do Centro Universitario de Svalbarda, compara a situación do galego e do nynorsk, idiomas que non contaron co apoio dunha "elite con poder económico e influencia política" e que se atopan baixo políticas lingüísticas "ambiguas".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/01/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

"As realidades lingüísticas de Noruega e Galicia teñen moito en común". Así o constatou Kristian Hanto, do Centro Universitario de Svalbard, no país noruegués, nun estudo comparativo das estratexias en política lingüística en dous países tan afastados xeograficamente pero con realidades diglósicas moi similares, segundo Hanto, que analizou a situación da lingua galega e do nynorsk (o novo noruegués).

O nynorsk, ou novo noruegués, é unha lingua distinta á dominante en Noruega, o Bokmål, ou lingua de libro.
O nynorsk, ou novo noruegués, é unha lingua distinta á dominante en Noruega, o Bokmål, ou lingua de libro.

Segundo o autor, Galicia Noruega "poden representar casos para un estudo de como a política lingüística e a identidade nacional se relacionan entre si, nunha situación con dúas linguas escritas estreitamente relacionadas e competindo". A partir desa premisa, o investigador noruegués tentou describir a "situación típica das relacións políticas e estruturais entre unha lingua dominante e un idioma dominado" nestas dúas realidades sociolingüísticas.

Para Hanto, "os principais dilemas en ambas as dúas comunidades poden ser vistos como os de proximidade e distancia, de independencia e cooperación". Isto, segundo o autor, aplícase tanto á propia lingua e á política lingüística como á identidade lingüística e cultural.

O investigador noruegués considera que os gobernos galego e noruegués recorren con demasidada frecuencia á opción de "se quedamos quedos e non nos movemos talvez o problema desapareza", no que respecta á política lingüística. E na súa opinión, o lema "Unidos na diversidade" que propoñen as autoridades políticas parece ser tanto "un slogan" como "unha estratexia", cando estas tratan de "chegar a solucións salomónicas sobre os desafíos da lingua".

Segundo o autor, "as situacións de diglosia realmente parecen non ser tan inusuais" en Galicia e Noruega. "Parece ser algo máis do estado común das cousas que a excepción da normalidade", engade Hanto, quen detalla: "Tanto en Galicia como en Noruega a diglosia é xenética".

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

E "non hai dúbida" de que as políticas lingüísticas foron "cruciais" en ambos os dous países desde o século XIX, apunta.

"Poderíase dicir que a política lingüística ten un toque de rexionalismo en Noruega, pero nunca tivo que ver coa etnicidade. Tampouco o foi en Galicia, pero aquí trátase definitivamente do rexionalismo mesturado cun toque de nacionalismo. E como en Noruega, sobre a participación democrática", compara Hanto, quen observa en ambas as dúas comunidades "lexislacións e políticas lingüísticas e culturais articuladas para protexer as súas linguas con menos prestixio social, pero as promocións das mesmas son, como se sospeita, algo ambiguas".

O CASO GALEGO

No seu traballo, Hanto lembra que "o galego comparte a mesma orixe que a lingua portuguesa", dous idiomas que "evolucionaron do latín vulgar, do mesmo xeito que o resto das linguas romances da Península Ibérica".

Na actualidade, e logo da Transición democrática, "a lingua foi un tema importante no proceso de redefinición de identidade e identidades" en España, subliña o autor, quen lembra que a lingua galega viviu baixo a opresión do franquismo até o seu recoñecemento oficial na etapa democrática.

O investigador noruegués destaca que "en tempos anteriores" tanto o galego como o catalán foron as "dúas linguas autóctonas máis poderosas" no que é a actual España, "ademais do castelán", e que experimentaron "períodos de vigor medieval, exemplificados polo brillante florecemento das súas literaturas".

"Con todo, a partir dos últimos anos do século XV, a crecente hexemonía política, económica e cultural de Castela, incitada pola súa lingua, subordinou o galego e o catalán a roles moito menores e inferiores", expón o autor, quen recorda que "ambas as dúas culturas" —a galega e a catalá— "viron un rexurdimento lingüístico e literario parcial no século XIX coa Renaixença catalá (de 1833) e o Rexurdimento galego (de 1853)".

"Do mesmo xeito cas outras rexións con diglosias politicamente recoñecidas en España, Galicia iniciou un período de «normalización» política e lingüística a partir de 1978", prosegue Hanto, para quen o Estatuto de Galicia, no que se refire ao recoñcecemento da lingua propia do país, é o froito dunha "longa historia de autoconciencia cultural" e dun "pasado orgulloso dun reino galego que data de varios centos de anos atrás".

Hanto tamén recolle datos do Instituto Galego de Estatística sobre a situación actual do idioma, segundo os cales "o 56,4% da poboación (aproximadamente 1,5 millóns) fala sempre en galego ou fala máis en galego que en castelán", mentres que "o 42,5% fala sempre en castelán ou máis en castelán que en galego".

"Por suposto, o uso de galego —tamén por escrito— está baixo presión só polo feito de que é, con moito, o idioma menos utilizado nas zonas máis densamente poboadas de Galicia. E de feito, entre os mozos de hoxe en día, o castelán é máis utilizado que o galego", que "aínda é falado por uns tres millóns de persoas, incluíndo falantes dentro e fóra de Galicia", destaca no seu traballo o autor.

SEMELLANZS E DIFERENZAS LINGÜÍSTICAS E POLÍTICAS

Hanto evidencia no seu traballo que Noruega e Galicia comparten "similitudes" nun aspecto en particular: "Ambos os dous manteñen dous idiomas oficiais dentro das súas fronteiras, idiomas que son bastante similares e dentro da mesma etnia".

Por suposto, tamén salienta que existen "diferenzas significativas nas situacións dos dous territorios neste sentido", pero este feito, "que un país mantén dúas ou máis linguas oficiais que están bastante preto a unha da outra, non é compartido por demasiadas nacións", argúe. De feito, aclara que "en Europa temos moitos Estados con máis dun idioma oficial, pero na maioría dos casos os idiomas en cuestión non son mutuamente comprensibles en absoluto, xa sexa na fala ou na escritura".

Segundo Hanto, unha das similitudes máis salientables entre as situacións lingüísticas galega e norueguesa é que "a lingua baixo presión na diglosia en cada caso é predominantemente un fenómeno rural". Ademais, considera que en ambas as situacións danse circunstancias que suxiren "cuestións sobre a identidade social e nacional".

Con todo, tamén distingue que "o galego é un idioma que usa actualmente unha maioría", mentres que o nynorsk é utilizado por unha "minoría", se ben subliña que as dúas linguas "teñen unha literatura establecida" e "dominios en educación, teatro, medios de comunicación e lexislación".

No seu estudo tamén establece "diferenzas obvias", comezando porque se ben nos dous casos se produciu o que Hanto chama un proceso de "restauración nacional" e de "construción de identidade nacional e social", no caso galego foi "máis ben a restauración da identidade nacional a través da identidade rexional dentro de España, en grande medida mediante unha lingua autóctona cunha longa tradición e centos de anos de historia nacional, tras un período dalgunhas décadas de forte opresión cultural".

Ademais, incide na singularidade do caso galego por compartir a mesma orixe que o portugués, conformando unha "lingua común" no occidente peninsular, mentres que considera que "a discusión en Noruega é algo diferente", aínda que con similitudes sobre "a proximidade e a distancia, a independencia e a cooperación" con outras linguas. 

"O elemento 'estranxeiro' na situación norueguesa é un atributo do bokmål [estándar común da lingua escrita norueguesa], falando diglosicamente, mentres que na situación galega é o atributo da lingua galega. Isto significa que mesmo cando hai en principio moitas similitudes, tamén hai moito «á inversa» cando se trata de raíces históricas e funcións e funcionalidades actuais das respectivas linguas" dominantes e en inferioridade. Segundo Hanto, unha das razóns disto é, "por suposto, que Galicia, a diferenza de Noruega, é unha rexión dentro dun Estado, unha comunidade autónoma dentro de España, o que significa que tamén se espera que o concepto de «estranxeiro» no debate sobre a nacionalidade galega sexa algo ambiguo, polo menos no contexto da política lingüística".

Hanto tamén expón que nin o galego nin o nynorsk contaron cunha "elite con poder económico e influencia política, nin tampouco tiveron o apoio da burguesía local". No caso galego, subliña que "Galicia non posúe a forza política e económica das outras dúas comunidades autónomas españolas fortes, o País Vasco e Cataluña, e os seus movementos nacionais". E , desde unha perspectiva norueguesa, mantén que "non soan demasiado descoñecidas" para a realidade lingüística do seu país estas palabras do lingüista Xosé Luís Regueira:

No caso de Galicia, a demanda nacionalista baséase no sentimento de discriminación, e a reclamación de poder fundaméntase na necesidade de construír un país economicamente moderno. A falta dunha burguesía poderosa, esta demanda procede sobre todo de membros das elites intelectuais. Naturalmente isto choca cos intereses das clases dominantes no Estado e entón prodúcese o conflito, a miúdo simbolizado a través do conflito de linguas.

Con todo, Hanto asegura que o movemento a prol do nynorsk en Noruega, se ben "non tivo unha mellor base socioeconómica" que no caso galego, "probablemente aproveitou mellor a tendencia romántica urbana nacional que xurdiu tamén no sentido lingüístico en Noruega desde a década de 1830, xa que formou alianzas produtivas con partes da intelectualidade urbana", argúe.

DIFERENCIARSE DO PORTUGUÉS

Nas súas reflexións sobre situacións de diglosia e imperativos lingüísticos, Hanto alerta de que "é moderno —nun sentido positivo— fomentar o multilingüismo na modernidade. E igualmente moderno na modernidade é —en sentido negativo— suprimir e marxinar as minorías lingüísticas nun mundo con grandes hexemonías lingüísticas globais e rexionais. Estes movementos aparentemente contraditorios coexisten, porque sempre haberá poderosos que poidan beneficiarse de calquera deles".

Para Hanto, "o caso do galego é ambiguo", xa que "unha clara definición del como unha lingua propia e única da nación histórica de Galicia —a visión independentista—, no actual escenario político, parece abrilo á influencia do castelán na ortografía e as eleccións de palabras". Porén, cre que "un achegamento da ortografía cara a unha unidade máis próxima co portugués, a visión reintegracionista, socavaría o sentido dunha identidade lingüística e nacional galega separada", o cal, di, "soa como un dilema".

Na opinión do investigador noruegués, "para soster unha identidade galega moderna, o galego necesita diferenciarse bastante do seu antigo compañeiro portugués". Máis detalladamente, argúe que o reintregracionismo "busca volver ás vellas raíces e perder perfil e identidade propios". 

Temas: GALEGO NORUEGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

10 Bufffff

Qu€ p€$ad€z.... Como dice Gabriel Albiac, nadie se engañe, el regreso del nacionalismo con sus identidades de sangre y lengua es el regreso del fascismo. No se resignan a que la gente no quiere atraso ni vivir en la ignorancia. Que el gallego apenas cuenta con cultura escrita, carece en absoluto de ciencia o técnica, posee un vocabulario limitadito, etc. Y entre un carro y un tractor, a reservas de que se aprueben los derechos de cuarta generación en algún tratado internacional, cosa que a Dios gracias no ocurrió, haciendo uso de la denostada por los nacionalistas *libertaz individual, va a ser que la gente elige el tractor.

1 Tiago

Comprende, para algúns o galego é a forma de vivir dos demáis..

2 Amancio

Vedes? Outro castrapo a falar de "vuelta del fascismo", "progreso" é demais estupideces liberaloides afrancesadas e antiespanholas. E vós aínda sodes de esquerdas.

3 Chucrute

"Un vocabulario limitadITO". Meu rei, se o galego abrange bastantes mais palavras do que o castelhano... :S

4 Aliás

Fascismo que tu também compartilhas, ainda que digas que não. Sai do armário político e abraça a causa dos que lutamos por uma Galiza branca, cristã e reunificada além e aquém do Minho.

9 teutonio

Or

8 PUGNAZ

Ya salió la identidad "nacional".... y con ella el germen embozado del independentismo. Temas como este solo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la Constitución española de 1978 que nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas como las que arguye este joven con un claro cariz político, segregacionista y pugnaz.

1 arzuacapital

neno, vaite deitar

2 BoberasFuera

suuuupremacistaaa y tambieeen iidiiioootiitaaaa ess esteee puggnaaaaaz y olé!

7 Balbino

E tan dañino para Galicia e o galego fanáticos españolistas coma Nostrus ou papanatas coma Bisbardos, A Mesa e a Asociación cultural máis grande de Galicia e o seu traballo coma o de Carlos Callón son innegables, se non che cae ben mala sorte pero o seu traballo e esforzo é innegable, un persona coas suas competencias non precisa de limosna para vivir.

6 nostrus

Os nacionalíticos fanatizanse tanto co galego polo seu afan identitario de ser diferentes. Non tardaran en intentar tocar a corrente electrica de 230 voltios en outra de distinto voltaxe para ser diferentes e mesmo pediran un tipo de enchufe distinto tamen para ser diferentes e deste modo só se poderan conectar en Galicia neveras e fornos nacionalistas. Todo polo ben da identidade. O necioenanismo é o principal inimigo de Galicia e o principal depredador da su identidade porque non se decata que a identidade de Galicia é o bilingüismo. O nacionalismo pretende crear unha identidade galega ficiticia e postiza só acorde cas suas pallas mentais sin chegar a ver a realidade de Galicia.

1 Balbino Fernández

Fala o fanático Nostrus, ultranacionalista español, coa súa supremacista e fascista identidade españolista. Algún día igual lle ensinan, se limpa os ouvidos, que todas as nacións son creacións culturais, inventos humanos, igual de reais ou de pallas mentais --escolla vostede-- uns que outros. A identidade de Galicia? Burricán fascista, non quedamos en que os territorios non teñen identidade nin língua propia, iso é cousa das persoas! Caes nas túas propias armadillas pailán nazifascista!

2 arzuacapital

vaite deitar (e II)

3 teutonio

Non é de fanáticos comentar en cada unha das novas sobre a lingua galega, sobre calquera asunto que teña unha mínima relación, pra repetir as mesmas consignas negativas e supremacistas? (espero que fagas copia e pega). Eu desde logo creo que hai cousas máis interesantes nas que pasar o tempo e mirariame ao espello antes de chamarlle fanáticos a un grupo tan heteroxeneo como os centos de miles de cidadáns galegos que acreditan no nacionalismo. Por coherencia.