Temas: ROUBO

Unha muller loita para evitar a cadea logo de refacer a súa vida

Unha veciña de Silleda con dous fillos menores comezou unha campaña de recollida de sinaturas para evitar ir a prisión por un roubo cometido en 2007.

Por Galicia Confidencial | Silleda | 09/01/2017 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Corría o ano 2007. María Obdulia vivía en Barcelona e a súa vida non era, nin de lonxe a que é agora. Entón participou, segundo ela, nun delito de roubo con lesións baixo a ameaza da que, entón, era a súa parella.

María Obdulia ten que ingresar en prisión dez anos despois de ter cometido un delito e logo de estar rehabilitada
María Obdulia ten que ingresar en prisión dez anos despois de ter cometido un delito e logo de estar rehabilitada | Fonte: TVG

Dez anos despois, esta veciña de Silleda deberá ingresar en presión. No xuízo, celebrado no 2014, foi condenada a 3 anos e 8 meses de cadea e o tempo de recursos rematou. Sen embargo, a súa situación non ten nada que ver coa de entón e é unha muller completamente integrada na sociedade e con dous fillos pequenos.

Iso é o que aduce para evitar ir á cadea. Por iso, iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para  solicitar á xustiza  que lle conceda unha conmutación de pena. Asegura estar arrepentida e non quere que os seus fillos menores paguen agora un erro que ela cometeu hai unha década. Para conseguilo precisa preto de 800 sinaturas.

"Estou moi arrepentida do que fixen e  de non ter denunciado a miña ex parella... O único que pido é que me poñan a facer traballos sociais á comunidade ou calquera outra cousa pero sempre que estea preto dos meus nenos", apunta á TVG.

Consciente de que lle queda pouco, Maria Obudlia decidiu acudir aos medios para dar a coñecer a súa situación. Ela o que pide é que lle conmuten a condena por servizos á comunidade polo tempo que faga falla. Pero, polo momento, precisa o apoio da xente para acadar esas sinaturas.

"Estámonos movendo e é moi difícil conseguilas. Por iso, pídolle á xente que me vexa pola rúa pedindo as sinaturas que non se aparte de min porque teño os dous nenos pequenos e a miña nai está tamén moi pachuchiña e eles non teñen a culpa do que fixen", suliña.

Temas: ROUBO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta