A UVigo lidera un proxecto europeo para crear a primeira plataforma de cursos en liña de Marrocos

A Universidade de Vigo (UVigo), coa colaboración de seis institucións académicas europeas, lidera un proxecto dotado con case un millón de euros -financiados pola Unión Europea- para crear a primeira plataforma de cursos en liña de Marrocos, recollida baixo a denominación 'MarMOOC'.

VIGO | 12/01/2017 | Actualizada ás 19:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Universidade de Vigo (UVigo), coa colaboración de seis institucións académicas europeas, lidera un proxecto dotado con case un millón de euros -financiados pola Unión Europea- para crear a primeira plataforma de cursos en liña de Marrocos, recollida baixo a denominación 'MarMOOC'.

Tal e como transcendeu na reunión inaugural do proxecto, celebrada en Vigo, esta ferramenta incluirá unha oferta de polo menos unha decena de cursos masivos, con certificados de realización e o sistema de créditos europeo ECTS, e outros seis privados, centrados en seis áreas de coñecemento prioritarias para o país como son economía, dereito, ciencias, pesca e saúde, entre outros.

Os socios da UVigo serán a Universidade de León, o Instituto Real de Tecnoloxía (Suecia), a Vrije Universiteit Brussel (Bruxelas), a Universidade de Tecnoloxía Química e Metalúrxica de Sofía (Bulgaria), a Universidade de Pierre e Marie Curie de París (Francia), e a Rede de Universidades das Capitais de Europa.

Como obxectivo, o proxecto busca apoiar ás universidades marroquís coa dotación dunha plataforma compartida para cursos en liña, o deseño e produción de contidos innovadores, sensibilizar coa aprendizaxe a distancia, reforzar as capacidades do persoal docente e técnico, e contribuír á colaboración entre estas institucións e o seu tecido socio-económico.

En concreto, veranse beneficiadas por esta iniciativa as universidades Abdelmalek Essaadi, Ibn Tofail, Moulay Ismail, Ibn Zohr, Internationale de Rabat, Privée de Marrakech, así como o Ministerio de Educación Superior de Marrocos, que con este proxecto "poderán implementar e consolidar un enfoque de aprendizaxe híbrida, que combina o ensino tradicional e a distancia".

O reitor vigués, Salustiano Mato, remarcou que 'MarMOOC' vai supoñer "un salto cualitativo que permitirá aprender uns doutros e facer as cousas mellor". "Estamos moi interesados en colaborar para fomentar esta forma de hibridar a forma de ensinar sen perder a esencia do ensino universitaria rigorosa e excelente", selou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta