O aniversario de Valle Inclán servirá para ensinar galego

Obradoiros teatrais gratuítos en galego achegarán a nenos e adultos as obras do escritor.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/01/2017 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Obradoiros teatrais gratuítos sobre as obras de Valle Inclán, A cabeza do dragón, dirixida a nenos e nenas e a adultos, será a forma que o Concello de Lugo tente promocionar o galego entre os máis novos. Estas actividades conmemoran o 150 aniversario deste autor, organizadas por este concello, e serán impartidas por Lucecús Teatro. Terán lugar entre o 24 de xaneiro e o 30 de marzo

O escritor Valle-Inclán
O escritor Valle-Inclán

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e os actores de Lucecús Teatro, Isabel Herrero e Anxo Manuel Lamelo, presentaron este xoves o ciclo que comezará o martes 24 de xaneiro, No caso do obradoiro A cabeza do dragón, baseada na obra que leva o mesmo título, está dirixido a nenos nenas de 8 a 16 anos, e celebrarase de 17:00 a 19:00 horas, mentres que o obradoiro relacionado coa obra Ligazón está destinado a persoas de máis de 17 anos, de 19:30 a 21:30 horas.

Os obradoiros terán vinte prazas cada un deles, que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición ata o 23 de xaneiro, e para anotarse haberá que chamar ao teléfono de atención cidadá 010 ou 982-297-350.

Carmen Basadre explicou que “con estas actividades se conmemora o 150 aniversario deste autor e ademais se fai en galego, achegando as súas obras á cidadanía, a través dos colexios, institutos, universidade e ao conxunto da sociedade”. Ademais, farán interpretacións na rúa, en distintos espazos públicos, centros culturais e museos. Pola súa parte, Isabel Herrero e Anxo Manuel Lamelo agradeceron o apoio do Concello e indicaron que “este proxecto terá unha representación final destas obras, que está prevista para o día 30 de marzo no Auditorio Municipal Gustavo Freire e posteriormente noutros espazos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta