Presentadas tres candidaturas para o proceso interno de En Marea

A lista que lidera Luís Villares terá que facer fronte a outras dúas candidaturas, unha delas, a do ex alcalde de Manzaneda e agora deputado, Davide Rodríguez, que suma apoios de sectores nacionalistas e municipalistas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2017 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Un total de tres candidaturas foron presentadas finalmente para concorrer ás primarias ao Consello das Mareas, cada unha delas coa súa proposta para a coordinadora de En Marea. Deste xeito, a gran candidatura de Luis Villares, na que están integradas os grandes partidos e listas municipalistas de Galicia, terá outros dous rivais.

Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea
Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea | Fonte: Xurxo Guitián

Antes de que rematase o prazo á media noite deste venres, á pretendida lista de consenso, encabezada por Luís Villares, pero sen que forme parte da coordinadora, sumáronselle outras dúas, unha delas co ex alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez á cabeza.

Aínda que a tarde deste venres as negociacións se centraron na elaboración dunha candidatura de consenso, que se materializou ao fío das 00,00 horas, de forma paralela outros membros do partido instrumental presentaron as súas propias candidaturas.

Precisamente, a lista de Davide Rodríguez, conta cun importante sector do voto municipalista e nacionalista, desencantado coas negociacións que levou a cabo a cúpula de En Marea. Desta candidatura forman parte pequenas listas municipalistas de toda Galicia, principalmente, das zonas do interior do país. Tamén hai destacados integrantes nacionalistas, principalmente, de Anova.

Nesta lista, denominada, 'Somos Quen', tras Rodríguez, está Iria Morgade (Pontevedra), Modesto Renda (Lugo) e a secretaria de organización de Anova, María Esther Duro, que ocupan os primeiros catro postos da lista. Alfonso Diz, Sonia Vidal, Pablo Alonso 'Patxi', Mónica González, Xurxo Triñanes e Victoria Portas Mariño cobren os primeiros dez postos da candidatura.

A terceira candidatura estaría impulsada por militantes de Cerna, unha escisión de Anova, e que conta cunha deputada na Cámara galega, Paula Verao.

Villares fóra da coordinadora da súa lista

A candidatura impulsada por Villares, formada por un total de 35 persoas de todas as sensibilidades de En Marea, deixa fóra da futura coordinadora do partido ao actual voceiro parlamentario. Si estarán neste órgano executivo o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, así como outras 10 persoas.

Así, ademais do histórico dirixente nacionalista formarán parte da coordinadora outros integrantes de Anova, como o seu secretario de Organización, Rafael Dopico; e a militante e tamén membro de Marea Atlántica Gladys Afonso.

Ademais, estarán neste órgano executivo Iago Martínez (Marea Atlántica); Victoria Esteban (Lugonovo); Carmen González (Marea Pontevedra); Sara Torreiro (Foro Santiago), Pedro Rivera 'Peyo' (Marea Vigo, Podemos); Borja Sanromán (Podemos); Javier Octavio (Ourense en Común) e Noemí Prados (Esquerda Unida).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

1 comunista independentista

Trolls a soldo do Bloque a ladrar en 3, 2, 1... Qué pasen un bo sábado.

1 Anónimo

A culpa é da UPG en 3, 2, 1... Que pasen un bo sábado

2 FRPU

Pero aínda existe a UpG? E se existe, impórtalle a alguén?

3 Nefelibata

A culpa é da UPG e de Putin... Non teño dúbidas. A culpa de todo. Hai unha conspiración terrible para opacar os grandes resultados das Mareas nas cidades galegas e o enorme traballo podemita en Madrí en destruír a esquerda a través da modernidade líquida ninista rama centro dereita. Anda xa! Por certo os que non empezan a importarlle a ninguén son os das Mareas e os seus congresos ou o que sexa que celebran esta fin de semana... Ou cando sexa.