Por que as listas alternativas de En Marea apoian ao candidato oficial?

Somos Quen e Queremos Participar insisten en que o seu candidato ”único é indiscutible” é Luís Villares. Unha postura que, curiosamente, é contraria á lista que sustenta a este candidato. En xogo está configurar un modelo de partido cun liderato forte, comarcalista e nacionalista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Alguén entendería que Pedro Sánchez volvera liderar o PSOE co apoio dos afíns a Susana Díaz, ou que Hillary Clinton puidera gobernar co apoio dun sector dos republicanos, ou que Mariano Rajoy mantivera o liderato do PP grazas aos apoios de Esperanza Aguirre?... Pois ese galimatías é o que acontece, en certo xeito e salvando as diferencias, en En Marea. O seu voceiro parlamentario, Luís Villares, encabeza unha candidatura que non o quere como o líder.

Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao
Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao | Fonte: EP

Un liderato que non discuten, pola contra, as outras dúas candidaturas alternativas á súa.

Pero, que pasa nesta candidatura cidadá para que todo o que parece ser sexa só o que parece pero non o que sucede?. A aparición da listas de Somos Quen, do entorno de Anova, e de Queremos Participar, de Cerna –unha excisión de Anova--, para disputarlle o poder a lista oficial de Máis Alá non é baladí, como tampouco o é o feito de que en dúas candidaturas diferentes haxa representantes de Anova.

“Decidimos presentarnos en solitario porque a lista de conxunto que se presentou non nos representaba e aí quedaban moitas mareas locais sen oportunidade de estar na coordinadora de En Marea e a candidatura é un reflexo diso”, explica en declaracións a GC, Davide Rodríguez, deputado e  líder de Somos Quen que suliña que na súa lista, tamén ha compañeiros e compañeiras que non militan en organizacións senón que son do mundo asociativo e do cooperativismo.

Organización galega

“Unha esixencia democrática básica de En Marea ten que ser a pluralidade e a nosa candidatura é transversal e de base”, destaca para incidir en que a nova liña política que saia da asemblea ten que aspirar a converterse nunha “esquerda nacional útil para o país”.

Davide Rodríguez e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
Davide Rodríguez e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova

Precisamente, nesta idea dunha organización soberana e “nacional galega” coincide Paula Vázquez Verao, deputada e membro de Queremos Participar.  “Aspiramos a que  na futura coordinadora haxa unas función para poñer a andar a formación por todo o país con acción institucional, coordinación, traballo local... Queremos que En marea sexa unha formación galega e soberana na que participe o maior número posible de xente”, indica en declaracións a GC.

Tamén Davide Rodríguez cre que En Marea debe abrir un novo tempo de desenvolvemento organizativo, e o primeiro que hai que facer, segundo el,  é a “comarcalización” da organización porque “senón hai estruturas de base malamente se vai crecer como organización”. “E tamén para acercarse á base miitante”, engade.

Liderato sólido

E como levar a cabo estas accións?. Pois cunha organización forte e un liderato sólido e consistente. E niso tamén coinciden as dúas candidaturas non oficias. Por iso, insisten na necesidade que o peso político de Luís Villares sexa acorde ao seu peso organizativo e sexa un referente no partido para evitar “bicefalias”.

“Villares é o líder indiscutible, sen dúbida. E cremos que é a persoa idónea e apoiamos incondicionalmente que exerza a portavocía única de En Marea”, indica Davide Rodríguez, que aclara que cando presentaron a lista “non é para poñelo en entre dito, senón todo o contrario”. Tamén opina o mesmo Paula Vázquez: “É fundamental que haxa unha candidatura unipersoal para que sexa aglutinador de todo este amplo espazo político e cunha fonda concepción de país”, salienta. “Ademais é o primeiro que fala dun plan de comarcalización de Galicia para evitar o desangre do interior”, engade.

Sen embargo, e a pesar de pedir case o mesmo, Somos Quen e Queremos Participar decidiron presentarse por separado. “Non fomos excluídos pero tampouco incluídos e por iso presentamos a nosa candidatura”, explica a deputada. Unha opinión case igual a de Davide Rodríguez que aclara que do que se trata é de “unir” e non “desunir”.

Dous proxectos diferentes pero asentados nos mesmos piares; comarcalización, democratización e proxecto de país. Uns piares nos que tamén se sente cómodo Luís Villares, aínda que, no seu caso teña que estar enconsertado nunha lista que non fixeron a súa medida outros actores de En Marea, principalmente, o sector crítico de Podemos, Esquerda Unida e a Marea Atlántica, que foron quen o impulsaron a liderar a candidatura autonómica da formación.

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

18 kiroana

Viva o partido único con cara amable_ponton

17 LKI

Anda rabiosa a troleada BeNeGalla. Van estar toda a finde facendo garda, e como gañe Máis Alá, van ser as risas. XDDD

16 Nefelibata

Por favor, votantes das Mareas e de Podemos, vivo sen vivir en min esperando que me contestedes unha pregunta: por que os votades? Pero fixástevos en serio na xestión das cidades galegas ou de Madrí e Barcelona? A ver, convencédeme. Dádeme tres motivos, só tres para votalos máis alá da súa presenza mediática abafante (o cal dá moito que pensar) e de catro eslogans politicamente correctos que cada día amosan máis, para aqueles que pensen, claro, as limitacións das súas propostas... Francamente, está claro que só son un PSOE máis "adaptado" aos tempos... E sen moitas capacidades para a xestión cotiá.

15 Mar

Villares o tontolau que apoiaba unha moción de confianza ao BNG en Pontevedra...jua,jua,jua...logo lle estiraron a orella. Vaia lider quere ser este principiante politico. Nin mais tontalao que unha burra feita de encargo.

14 Nefelibata

Atopei a solución: https://www.youtube.com/watch?v=l6G... A que son lista?! Calquera día ao mellor atopamos un debate sobre algunha cuestión de importancia... Que vos parece a suba da luz? Pero, a ver, se queredes seguimos con esta teima de por que se marean, por que non? Si viene o se va Yolanda etc.? Por certo, que sabedes disto? Saúdos: eu tampouco podo vivir sin vós.