Por que as listas alternativas de En Marea apoian ao candidato oficial?

Somos Quen e Queremos Participar insisten en que o seu candidato ”único é indiscutible” é Luís Villares. Unha postura que, curiosamente, é contraria á lista que sustenta a este candidato. En xogo está configurar un modelo de partido cun liderato forte, comarcalista e nacionalista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Alguén entendería que Pedro Sánchez volvera liderar o PSOE co apoio dos afíns a Susana Díaz, ou que Hillary Clinton puidera gobernar co apoio dun sector dos republicanos, ou que Mariano Rajoy mantivera o liderato do PP grazas aos apoios de Esperanza Aguirre?... Pois ese galimatías é o que acontece, en certo xeito e salvando as diferencias, en En Marea. O seu voceiro parlamentario, Luís Villares, encabeza unha candidatura que non o quere como o líder.

Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao
Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao | Fonte: EP

Un liderato que non discuten, pola contra, as outras dúas candidaturas alternativas á súa.

Pero, que pasa nesta candidatura cidadá para que todo o que parece ser sexa só o que parece pero non o que sucede?. A aparición da listas de Somos Quen, do entorno de Anova, e de Queremos Participar, de Cerna –unha excisión de Anova--, para disputarlle o poder a lista oficial de Máis Alá non é baladí, como tampouco o é o feito de que en dúas candidaturas diferentes haxa representantes de Anova.

“Decidimos presentarnos en solitario porque a lista de conxunto que se presentou non nos representaba e aí quedaban moitas mareas locais sen oportunidade de estar na coordinadora de En Marea e a candidatura é un reflexo diso”, explica en declaracións a GC, Davide Rodríguez, deputado e  líder de Somos Quen que suliña que na súa lista, tamén ha compañeiros e compañeiras que non militan en organizacións senón que son do mundo asociativo e do cooperativismo.

Organización galega

“Unha esixencia democrática básica de En Marea ten que ser a pluralidade e a nosa candidatura é transversal e de base”, destaca para incidir en que a nova liña política que saia da asemblea ten que aspirar a converterse nunha “esquerda nacional útil para o país”.

Davide Rodríguez e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
Davide Rodríguez e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova

Precisamente, nesta idea dunha organización soberana e “nacional galega” coincide Paula Vázquez Verao, deputada e membro de Queremos Participar.  “Aspiramos a que  na futura coordinadora haxa unas función para poñer a andar a formación por todo o país con acción institucional, coordinación, traballo local... Queremos que En marea sexa unha formación galega e soberana na que participe o maior número posible de xente”, indica en declaracións a GC.

Tamén Davide Rodríguez cre que En Marea debe abrir un novo tempo de desenvolvemento organizativo, e o primeiro que hai que facer, segundo el,  é a “comarcalización” da organización porque “senón hai estruturas de base malamente se vai crecer como organización”. “E tamén para acercarse á base miitante”, engade.

Liderato sólido

E como levar a cabo estas accións?. Pois cunha organización forte e un liderato sólido e consistente. E niso tamén coinciden as dúas candidaturas non oficias. Por iso, insisten na necesidade que o peso político de Luís Villares sexa acorde ao seu peso organizativo e sexa un referente no partido para evitar “bicefalias”.

“Villares é o líder indiscutible, sen dúbida. E cremos que é a persoa idónea e apoiamos incondicionalmente que exerza a portavocía única de En Marea”, indica Davide Rodríguez, que aclara que cando presentaron a lista “non é para poñelo en entre dito, senón todo o contrario”. Tamén opina o mesmo Paula Vázquez: “É fundamental que haxa unha candidatura unipersoal para que sexa aglutinador de todo este amplo espazo político e cunha fonda concepción de país”, salienta. “Ademais é o primeiro que fala dun plan de comarcalización de Galicia para evitar o desangre do interior”, engade.

Sen embargo, e a pesar de pedir case o mesmo, Somos Quen e Queremos Participar decidiron presentarse por separado. “Non fomos excluídos pero tampouco incluídos e por iso presentamos a nosa candidatura”, explica a deputada. Unha opinión case igual a de Davide Rodríguez que aclara que do que se trata é de “unir” e non “desunir”.

Dous proxectos diferentes pero asentados nos mesmos piares; comarcalización, democratización e proxecto de país. Uns piares nos que tamén se sente cómodo Luís Villares, aínda que, no seu caso teña que estar enconsertado nunha lista que non fixeron a súa medida outros actores de En Marea, principalmente, o sector crítico de Podemos, Esquerda Unida e a Marea Atlántica, que foron quen o impulsaron a liderar a candidatura autonómica da formación.

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

8 FRPU

Pensades que a alguén lle importa o que opinedes ou deixedes de opinar os trolls do BnG? Non deberiades estar preparando xa o voso XVI Akelarre Nacional e pagando dunha vez todos os pufos que tedes con espaÑa?

1 Vilamarim

Já tardava....

7 Androide

Un artigo sobre En Marea (em español) que merece ser lido con atención: https://www.diagonalperiodico.net/l...

1 ana

Nin puñetera idea do choio

6 Pobre Billares

Hai que facerlle caso ao Foro Tránsfuga que vai ser polo menos o fidalgo cando os baróns perdan as baronías dentro de dous anos. http://elpais.com/diario/1991/12/26...

5 Ted Flanders

Moita marea, moita ideoloxía e moita volandeira! pero alguén pensa en Galiza? Dende logo as huestes do pequeno gnomo dende o seu outeiro en Zaragoza non! a casa dos stark dende a complu menos! tampouco os barazion de Enojón teñen nin ideia de qué é Galiza! e qué decir da casa "Izquierda unida de España (y olé!)" quedan os bois da marea.....tan galegos como sempre....levando o peso da batalla contra os seus para cos beneficios os leven os grandes señores de Madrí....En fin....a mesma historia de sempre co nome diferente!!!!!!

4 Dende A coru para o mundo

O contado é a realidade!! a candidatura mais alá quere ter a villares collido dos collons!! É villares deixase !!! se gaña mais alá xa veremos xq derroteiros vai ir!! donde se viu un partido con 4 portavocias e por certo a de villares sin voto!! so seria o pelele de marea atlantica !!! Xulio se traballaras mais na Coru e deixases de buscar asento para acomar o teu cu dentro de 2 anos mellor che iria !!!