Por que as listas alternativas de En Marea apoian ao candidato oficial?

Somos Quen e Queremos Participar insisten en que o seu candidato ”único é indiscutible” é Luís Villares. Unha postura que, curiosamente, é contraria á lista que sustenta a este candidato. En xogo está configurar un modelo de partido cun liderato forte, comarcalista e nacionalista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Alguén entendería que Pedro Sánchez volvera liderar o PSOE co apoio dos afíns a Susana Díaz, ou que Hillary Clinton puidera gobernar co apoio dun sector dos republicanos, ou que Mariano Rajoy mantivera o liderato do PP grazas aos apoios de Esperanza Aguirre?... Pois ese galimatías é o que acontece, en certo xeito e salvando as diferencias, en En Marea. O seu voceiro parlamentario, Luís Villares, encabeza unha candidatura que non o quere como o líder.

Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao
Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao | Fonte: EP

Un liderato que non discuten, pola contra, as outras dúas candidaturas alternativas á súa.

Pero, que pasa nesta candidatura cidadá para que todo o que parece ser sexa só o que parece pero non o que sucede?. A aparición da listas de Somos Quen, do entorno de Anova, e de Queremos Participar, de Cerna –unha excisión de Anova--, para disputarlle o poder a lista oficial de Máis Alá non é baladí, como tampouco o é o feito de que en dúas candidaturas diferentes haxa representantes de Anova.

“Decidimos presentarnos en solitario porque a lista de conxunto que se presentou non nos representaba e aí quedaban moitas mareas locais sen oportunidade de estar na coordinadora de En Marea e a candidatura é un reflexo diso”, explica en declaracións a GC, Davide Rodríguez, deputado e  líder de Somos Quen que suliña que na súa lista, tamén ha compañeiros e compañeiras que non militan en organizacións senón que son do mundo asociativo e do cooperativismo.

Organización galega

“Unha esixencia democrática básica de En Marea ten que ser a pluralidade e a nosa candidatura é transversal e de base”, destaca para incidir en que a nova liña política que saia da asemblea ten que aspirar a converterse nunha “esquerda nacional útil para o país”.

Davide Rodríguez e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
Davide Rodríguez e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova

Precisamente, nesta idea dunha organización soberana e “nacional galega” coincide Paula Vázquez Verao, deputada e membro de Queremos Participar.  “Aspiramos a que  na futura coordinadora haxa unas función para poñer a andar a formación por todo o país con acción institucional, coordinación, traballo local... Queremos que En marea sexa unha formación galega e soberana na que participe o maior número posible de xente”, indica en declaracións a GC.

Tamén Davide Rodríguez cre que En Marea debe abrir un novo tempo de desenvolvemento organizativo, e o primeiro que hai que facer, segundo el,  é a “comarcalización” da organización porque “senón hai estruturas de base malamente se vai crecer como organización”. “E tamén para acercarse á base miitante”, engade.

Liderato sólido

E como levar a cabo estas accións?. Pois cunha organización forte e un liderato sólido e consistente. E niso tamén coinciden as dúas candidaturas non oficias. Por iso, insisten na necesidade que o peso político de Luís Villares sexa acorde ao seu peso organizativo e sexa un referente no partido para evitar “bicefalias”.

“Villares é o líder indiscutible, sen dúbida. E cremos que é a persoa idónea e apoiamos incondicionalmente que exerza a portavocía única de En Marea”, indica Davide Rodríguez, que aclara que cando presentaron a lista “non é para poñelo en entre dito, senón todo o contrario”. Tamén opina o mesmo Paula Vázquez: “É fundamental que haxa unha candidatura unipersoal para que sexa aglutinador de todo este amplo espazo político e cunha fonda concepción de país”, salienta. “Ademais é o primeiro que fala dun plan de comarcalización de Galicia para evitar o desangre do interior”, engade.

Sen embargo, e a pesar de pedir case o mesmo, Somos Quen e Queremos Participar decidiron presentarse por separado. “Non fomos excluídos pero tampouco incluídos e por iso presentamos a nosa candidatura”, explica a deputada. Unha opinión case igual a de Davide Rodríguez que aclara que do que se trata é de “unir” e non “desunir”.

Dous proxectos diferentes pero asentados nos mesmos piares; comarcalización, democratización e proxecto de país. Uns piares nos que tamén se sente cómodo Luís Villares, aínda que, no seu caso teña que estar enconsertado nunha lista que non fixeron a súa medida outros actores de En Marea, principalmente, o sector crítico de Podemos, Esquerda Unida e a Marea Atlántica, que foron quen o impulsaron a liderar a candidatura autonómica da formación.

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

3 Androide

Cantas mentiras! Canta bufonada! Cant@s caraduras! mareades

2 Eurocomunistas Máis Alá

Importante é, pra consolidar un proxecto plural, que sexa unha voz a que aglutine a mensaxe de En Marea. Imaxinan a tres portavocías, unha de IU outra de Podemos e outro de Anova cada un cunha mensaxe? Villares será só iso, un portavoz. O liderado será colectivo en tanto que os organos de decisión serán colexiados e colectivos, non unipersoais. Non se está a escoller un secretario xeral

1 Non entendo nada

Pero non iamos superar a fórmula de coalición?

1 comunista independentista

Será por que queren para En Marea o Modelo Bloque: un líder supremo único omnipresente e para todo. O que e lexítimo, por outro lado. A militancia decidirá.

1 Ferriño

A cuestion está máis ben que pola contra Marea Atlántica, Esquerda Unidas e a FPG, non queren un portavoz para que sega o caos e que En Marea non se consolide como partido galego soberano porque con iso acabaríaselles o conto.

2 Pufos black de IU

Apoiemos a Pablo pablo nos guiará bloque malo bloque secta Chovi ommmmm https://www.youtube.com/watch?v=w9E...

3 Non entendo nada

A cuestión é que houbo un plenario o 17 de decembro que xa aclarou ese tema. Non sei porque os que o propuxeron e perderon lle impoñen eso a Villares. Chantaxe de ou aceptas ou pasamos de ti quizais?