Temas: MULLER

O PPdeG veta retirar as cláusulas anti-embarazo para as mulleres deportistas

O PSdeG urxe a “poñer coto” a esta “práctica laboral abusiva contraria a todo dereito” detectada en clubes e ligas deportivas femininas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/01/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O portavoz de Administración Autonómica do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, instou hoxe ao goberno galego a “poñer coto” ás coñecidas como “cláusulas anti-embarazo” que penden sobre algunhas mulleres deportistas. Pero o PP vetou esta proposta presentada a través dunha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria.

Unha deportista embarazada nunha carreira
Unha deportista embarazada nunha carreira | Fonte: playground

Díaz Villoslada criticou que o PP “vai contra toda política de igualdade” e mesmo contradí a liña marcada polo actual secretario de Estado de Estado para o Deporte e ex secretario xeral para o Deporte en Galicia, José Manuel Lete, quen na súa toma de posesión aseguraba que non consentiría estas cláusulas.

O responsable socialista denunciou esta “práctica laboral abusiva contraria a todo dereito” pola cal os clubes deportivos que contratan a mulleres consideran como “deficiente conduta profesional” que estas queden embarazadas e resérvanse o dereito a resolver o contrato. O responsable socialista sinala que se trata dunha “discriminación directa por razón de sexo”, ilegal e que debe supor a cláusula “nula de pleno dereito”.

Os socialistas galegos levaron ao Parlamento a denuncia destas prácticas por parte da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas –Mudega-, detectada en primeiro lugar en clubes de baloncesto feminino e que “vulnera de forma flagrante o dereito laboral e, sinaladamente, é contraria ao principio constitucional de igualdade”.

Prohibir estas prácticas

O portavoz socialista reclamáballe á Xunta que desenvolvera de inmediato “todas as actuacións precisas perante os clubes, as federacións galegas deportivas e, se proceder, ante a autoridade laboral, para prohibir e, no seu caso, declarar nulas as cláusulas “anti-embarazo” nas mulleres deportistas”.

Tamén reclamaba que lle dera conta destas prácticas laborais discriminatorias coas mulleres deportistas ao Consello Superior de Deportes –CSD- para que adopte todas as iniciativas lexislativas, federativas e de inspección laboral precisas para erradicar estas cláusulas”.

Temas: MULLER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta