Arrancan as funcións de 'Eroski Paraíso' en Las Naves del Español

As funcións de 'Eroski Paraíso' arrancan hoxe no Teatro Español, con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Ricardo Lacámara, informou o Concello de Madrid nun comunicado.

A CORUÑA | 19/01/2017 | Actualizada ás 13:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As funcións de 'Eroski Paraíso' arrancan hoxe no Teatro Español, con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Ricardo Lacámara, informou o Concello de Madrid nun comunicado.

A dramaturxia e dirección corre a cargo de Xron, os textos son de Manuel Cortés e a música de Terbutalina. A compañía teatral Chévere da comezo en Madrid o ano en que celebra os seus 30 aniversario con este novo espectáculo. 'Eroski Paraíso' poderá verse en Las Naves del Teatro Español, na Sala Fernando Arrabal, do 19 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Este é o último espectáculo programado dende o Teatro Español, xa que a partir de agora a dirección de Las Naves escénicas de Matadero Madrid conta con novo equipo directivo.

'Eroski Paraíso' é a primeira produción de Chévere tras recibir o Premio Nacional de Teatro. Estreada en marzo de 2016 en San Sebastián, foi presentada en festivais como Terceira Setmana (Valencia), MITCF de Cangas (Pontevedra) ou MIT Ribadavia (Ourense). Ata o momento, acumula 44 funcións en 28 localidades e preto de 13.000 espectadores.

'Eroski Paraíso' é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros, un pequeno pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski.

Un feito que, cambiando os nomes, se repetiu en moitos lugares de toda España, onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización se foron transformando en espazos de consumo. Trátase dunha metáfora da transformación social acontecida nos últimos 35 anos en España.

A obra aliméntase do sentido do humor característico de Chévere, afondando nunha perspectiva crítica da realidade contemporánea e explorando novas zonas de intersección entre a linguaxe cinematográfica e o teatro.

Formulada como a rodaxe dunha película documental, "Eroski Paraíso" desenvolve no escenario unha antropoloxía do presente, retratando con cru naturalismo o desarraigamento que arrastrou a unha parte da sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa lingua, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta