A produción de percebe elévase un 28,8% en 2016 e ascende a 9 millóns de euros

A produción de percebe se incremntó un 28,8% en 2016 respecto á media do período do último lustro ata un total de 372.000 quilos, cun valor de nove millóns de euros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A produción de percebe se incremntó un 28,8% en 2016 respecto á media do período do último lustro ata un total de 372.000 quilos, cun valor de nove millóns de euros.

Diso informou este venres na comisión de Pesca do Parlamento galego a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, que subliña unha evolución "positiva" da campaña do percebe entre 2012 e 2016, "sobre todo en 2016".

Así mesmo, indica que a evolución das rendas entre 2012 e 2016 foi "estable", cun incremento "significativo" no último ano. Houbo unha suba do 23% da extracción a pé ata un ingreso medio en torno a 6.000 euros, así como dun 25% máis ata 14.000 euros en captura con embarcacións.

Para 2017 hai un total de 35 plans específicos de explotación de percebe -21 na Coruña, seis en Lugo e oito en Pontevedra-, que pode facerse a pé ou dende embarcación -a maioritaria en Galicia-, se ben o 40% deles son conxuntos para as dúas modalidades. Este ano incorpóranse 28 novos permisos a pé -son máis de 360- e dez máis a embarcacións ata 562.

Este venres, Julio Torrado (PSdeG) preguntou á Xunta polos casos acontecidos en novembro e decembro de "inseguridade" padecida por percebeiros, con actuacións "discrecionais", "avisando e amagando con sancionar, sen ningunha base legal para iso" a produtores, con especial conflitividade relacionada con faenar en mal tempo e na confraría de Baiona.

Sobre este extremo, Susana Rodríguez explicou que con mal tempo, os tripulantes de embarcacións poden acceder ao recurso por terra, todos de forma conxunta, aínda que admite que "deberían chegar a acordos efectivos para mellorar a xestión de cando eles entende que hai mal tempo".

Para iso, apunta que hai ferramentas para avaliar por tramos de costa o tempo, e en caso de conflito débense tomar as alertas como medida polo que "non debería haber conflito".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta