Temas: EMERXENCIAS

Espectacular operación dos servizos de Emerxencia para salvar unha vaca en Mos

O animal caira nun pozo e foi necesario a presenza de varias dotacións e vehículos para poder rescatala.

Por Galicia Confidencial | Mos | 23/01/2017 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Membros dos servizos municipais de Emerxencias de Mos realizaron este domingo un salvamento moi peculiar. Ao redor das 13.00 horas foron avisados pola caída dunha vaca dentro dun pozo, nun monte da localidade.

Servizos de Emerxencias de Mos rescatan a unha vaca que caiu nun pozo
Servizos de Emerxencias de Mos rescatan a unha vaca que caiu nun pozo | Fonte: B.A - vigoalminuto.com

Inmediatamente procederon a baleirar o pozo e a sacar o animal con eslingas e un tractor evitando que sufrise danos. Ao redor dunha hora e media despois a vaca foi liberada.

O animal non sufriu feridas de gravidade polo que os efectivos de Emerxencias procederon a soltala nun prado cercano.

Efectivos de Emerxencias consiguen salvar unha vaca en Mos
Efectivos de Emerxencias consiguen salvar unha vaca en Mos | Fonte: B.A. - vigoalminuto.com
Temas: EMERXENCIAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta