En Marea denuncia que iniciativas aprobadas no Parlamento de Galicia "caen en saco roto" e "non se cumpren"

A deputada de En Marea Eva Solla denunciou que iniciativas aprobadas no Parlamento de Galicia "caen en saco roto" e "non se cumpren" como a solicitude de traspaso de competencias en saúde penitenciaria por parte de Goberno central á Administración autonómica.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 13:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea Eva Solla denunciou que iniciativas aprobadas no Parlamento de Galicia "caen en saco roto" e "non se cumpren" como a solicitude de traspaso de competencias en saúde penitenciaria por parte de Goberno central á Administración autonómica.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, a tamén vicepresidente segundo da Mesa do Parlamento avanzou que nesta mesma xornada levará ao órgano de goberno da Cámara unha proposta para pedir información á Xunta sobre as xestións realizadas para dar cumprimento á iniciativa aprobada en maio de 2015 sobre esta cuestión.

E é que, segundo censurou, son "múltiples" as ocasións nas que se aproban iniciativas que "caen en saco roto", feito ante o que, na súa opinión, a Mesa do Parlamento "debería preocuparse polo cumprimento".

"Máxime cando estamos a falar dunha iniciativa que se aprobou por maioría de todos os grupos presentes nesta Cámara", asegurou a parlamentaria de En Marea que cualificou de "vergonzoso" que os deputados "non saiban que acontecen" coas propostas aprobadas.

Por iso, avanzou que, no caso de que a súa proposta non sexa aprobada pola Mesa, En Marea estudará tomar outras medidas como a petición de "modificación do regulamento do Parlamento xa que "non é normal que ante "todo o que non teña obrigatoriedade non se ofreza ningún tipo de explicación de por que non se cumpre".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta