Suspendido o xuízo contra dous acusados de vender anfetaminas nun festival de Cerceda (A Coruña)

A Audiencia Provincial da Coruña suspendeu o xuízo previsto para este luns contra dúas persoas acusadas de vender anfetaminas nun festival de Cerceda (A Coruña).

A CORUÑA | 23/01/2017 | Actualizada ás 13:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña suspendeu o xuízo previsto para este luns contra dúas persoas acusadas de vender anfetaminas nun festival de Cerceda (A Coruña).

A vista quedou suspendida ata nova data debido á ausencia dun dos acusados. A fiscal pide tres anos e medio de prisión para cada un por un delito contra a saúde publica.

Os feitos remóntanse ao 5 de xullo de 2014 cando, segundo recolle o escrito do Ministerio Público, os dous acusados se atopaban no interior dun vehículo "en posesión de diversas substancias estupefacientes que ían vender a terceiros".

"Portaban 35 envoltorios plásticos, escondidas nun paquete de toalliñas de bebé, que contiñan no seu interior unha substancia que posteriormente analizada, resultou ser speed ou anfetamina", continúa o escrito.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta