Clara victoria da lista de Villares e Beiras nas primarias de En Marea

A candidatura "Máis Alá" consigue 21 dos 35 postos do Consello que gobernará o día a día da confluencia e o seu documento tamén é o máis votado. A lista municpalista logra 9 postos e a de CERNA 5.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2017 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O proxecto de "Máis Alá", que encabeza Luís Villares, faixo co contro da confluencia de En Marea. Este colectivo, que contaba a Xosé Manuel Beiras, o líder de ANOVA, e representantes de mareas urbanas como a da Coruña, obtivo máis do 58% do voto nas primarias. As votacións organizáronse esta fin de semana e o resultado acaba de ser presentado este serán en rolda de prensa en Santiago.

Luís Villares, no Parlamento galego
Luís Villares, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.

Somos Quen, a candidatura liderada polo deputado e ex-alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, tamén militante de ANOVA, sumou máis do 25% dos votos. Logra así 9 postos no Consello das Mareas, insuficiente para contrarrestar o peso de "Máis Alá", cuxo documento político tamén foi o máis apoiado.

En terceira e última posición quedou a candidatura Queremos Participar. Esta lista artellada dende Cerna logrou o 16 por cento dos sufraxios.

No referido a participación, a confluencia di que se inscribiron case 2.000 persoas pero votaron de xeito válido pouco máis de 1.500. Os votos en branco e os nulos son case anecdóticos.

Resultados provisionais das eleccións ao Consello das Mareas


Censo: 1903 inscriptos
Votos válidos: 1565
Votos en branco: 41 (2,62%)
Votos nulos:   0
Votos a candidaturas: 1.524 (97,38%)

Resultados por candidaturas
Máis Alá: 894 (58,66%)
Somos Quen: 385 (25,26%)
Queremos participar: 245 (16,08)


COMPOSICIÓN PROVISIONAL DO CONSELLO DAS MAREAS
Máis Alá | 21 representantes
Luís Villares Naveira
María Victoria Estaban Riesco
Xosé Manuel Beiras Torrado
Gladys Alfonso Lobato
Iago Martínez Durán
Noemí Prados Ansede
Javier Octavio de Toledo Delgado
Sara Torreiro Rodríguez
Pedro José Rivera Rodríguez
Ana María Seijas Baranauskas
Rafa Dopico Carballeira
Elena Cores Leiro
Borja San Ramón Tizón
Paula Rodríguez Domínguez
Adrián Fuenteseca Fernández
Sara Outeiral Cameán
Mariano Enrique Fernández Cabarcos
Oriana Méndez Fuentes
Gonzalo Rodríguez Rodríguez
Thais Rivera López
Ares Jiménez Soria

Somos Quen | 9 representantes
Davide Rodríguez Estévez
Iria Morgade Valcárcel
Modesto Renda Santiso
María Esther Duro Rodríguez
Alfonso Diz Diéguez
Sonia Vidal Lamas
Pablo Alonso Pérez (Patxi)
Mónica González Fernández
Xurxo Triñanes

Queremos Participar | 5 representantes
Consuelo Martínez García
Mario López Rico
Paula Vázquez Verao
Francisca Rodríguez Rodríguez
Iris Malvido Lago

Documento político máis votado: Máis Alá

Acto de Máis Alá na Coruña
Acto de Máis Alá na Coruña | Fonte: @maisala2017
Luís Villares votando no local de Lugonovo nas primarias de En Marea
Luís Villares votando no local de Lugonovo nas primarias de En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

15 arzuacapital

curioso: Beiras e Vilares son os "referentes" desa lista, e resulta ser a lista máis españolista de enamarea. Cousas veredes. Con amigos como os que lle rodean (ex Ferreiro) Villares non precisas enimigos. Bastante terá con que non lle cortena cabeza en 5... 4... 3... 2 .... 1 segundo...Zás!

1 LKI

Según vós, en Galiza todos somos "españolistas". Todos excepto tí e Paco Zarzuelas, claro. Así vos vai.

2 LKK

Se vos e os de Yoli Procesiones sodes aliados dos garantes da unidade de España non quereras facernos crer que sodes italianistas ou xermanistas ou croatanistas.

3 arzuacapital

frío, frío

14 vieira emborcada na praia

a candidatura de Villano agradece o apoio dos seus votantes de enmarea: Montgomery burns, krasti o paiaso, ned flanders, Selma bubier, waillon smither jr, kirk van hutten, thimoti lovejoy, nelson muntz, kletus delroy sputner, Seymour skinner, señor navalpijo, dewey largo, corky james, therry, sherry, becky, Wendel wartton, lou, Clancy wigun, moe syzalack, burney gumble, joe quimby, ….

13 Ana

Con esto Errejón non vai invitar a papilla outra ves.... e Bescansa desenghancha o vaghón presidensial da xunta

12 Gamela

A PARROQUIA volve estar xunta e revolta coma sempre! Cómpre que PodemosGalicia (se índa existe) marche correndo ao Grupo Mixto no Parlamento do Hórreo! Do contrario as vindeiras municipais (2 anos) van ser o desastre de Annual (ao revés) Visto o visto non teño máis que FELICITAR SINCEIRAMENTE AO BNG !!!

11 SISEPUEDE

Está claro que é o momento de facer un Podemos fóra dos nacionalistas de En Marea.