Angrois.- Lídia Senra (AGEe) cre que "non é ético" que o Goberno "negue" ás vítimas "coñecer a verdade"

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lídia Senra cre que "non é ético" que o Goberno español "negue" ás vítimas do Alvia "o dereito a coñecer as verdadeiras causas do sinistro".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2017 | Actualizada ás 19:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lídia Senra cre que "non é ético" que o Goberno español "negue" ás vítimas do Alvia "o dereito a coñecer as verdadeiras causas do sinistro".

Na súa intervención durante a comisión de peticións do Parlamento europeo, na que as vítimas expuxeron as súas demandas, Senra acusou o Executivo "de antepoñer os intereses económicos á seguridade".

"A axencia ferroviaria europea xa ditaminou que a investigación levada a cabo non foi independente e por iso seguimos esixindo coñecer a verdade, porque é o único que nos vai garantir que non se repitan este tipo de accidentes", subliñou a eurodeputada.

A comisión de peticións da eurocámara reclamou este martes que se leve a cabo unha investigación "independente" con celeridade sobre o accidente ferroviario do Alvia en Angrois, que deixou 80 mortos e 140 feridos o 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela.

"A Comisión (de Peticións) diríxese hoxe á Comisión e pide que esta investigación independente debe ser iniciada e realizada rapidamente coa supervisión da Comisión Europea", anunciou a presidenta da Comisión de Peticións da eurocámara, a eurodeputada sueca liberal Cecilia Wikström, tras debater as denuncias das vítimas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta