Fogares galegos levan case tres días sen luz a pesar da suba dos prezos da electricidade

Máis de 16.000 fogares galegos sofren problemas de subministración eléctrica, a maioría deles na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2017 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Un total de 16.134 fogares galegos continúan sufrindo este domingo problemas de subministración eléctrica como consecuencia do temporal que azouta Galicia estes días. Algúns fogares van cumprir case tres días sen luz, a pesar da suba das tarifas eléctricas.

Estación eléctrica con liñas de alta tensión
Estación eléctrica con liñas de alta tensión

Segundo precisaron a Europa Press fontes de Unión Fenosa, a provincia que máis problemas relacionados coa subministración de electricidade está a rexistrar é A Coruña, con 7.051 fogares afectados.

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra, aínda 1.607 fogares seguen tendo problemas coa subministración eléctrica, mentres que en Lugo e Ourense, conxuntamente, son 7.476.

A causa principal é a caída de árbores e polas sobre o tendido eléctrico. E é que rompen os postes e o cableado e os traballadores ven obrigados a percorrer toda a liña eléctrica para solucionar os puntos afectados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario