Temas: TVG FERROL

Piden que se reabra a delegación de TVG e RG en Ferrol

O CPXG di que isto significaría unha ampliación do emprego público “nunha zona tan afectada polo desemprego e a crise como Ferrolterra”.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 08/02/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia pechou a súa delegación en Ferrol no 2010, mentres que Televisión Española leva tamén moitos anos sen unidade informativa na cidade. Sen embargo, nos últimos días, foron varias as voces que pediron a súa reapertura.

Estudio da Radio Galega
Estudio da Radio Galega | Fonte: crtvg.es

Así, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)  remitiu un comunicado no que anunhcia que apoia a iniciativa anunciada polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, de solicitar de maneira institucional a reapertura das delegacións dos medios públicos na cidade departamental.

O Colexio de Xornalistas entende que unha zona como Ferrolterra, coa súa gran densidade de poboación (que representa máis do 5% do total de Galicia) e a súa importancia estratéxica, necesita dunha estrutura mediática que garanta a oferta de información de proximidade e a pluralidade de medios. 

“Esta necesaria pluralidade vén sendo desmantelada nos últimos anos con estes e outros peches, como os da canle de televisión Localia ou dos servizos informativos de Cadena Dial, ademais de con recortes de persoal noutros medios presentes en Ferrol”, critica. Así, suliña que a obriga de atender as necesidades informativas da zona é aínda maior nos medios públicos, “que non están suxeitos aos requisitos de beneficio económico dos privados, senón que deben responder só ao seu mandato de servizo público”. 

“Ademais, a reapertura das delegacións en Ferrol significaría unha ampliación do emprego público, sempre positiva e especialmente necesaria nunha zona tan afectada polo desemprego e a crise como Ferrolterra”, conclúe.

Temas: TVG FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta