Temas: LGTBI

Un San Valentín contra a LGTBfobia

Alumnos do IES Virxe do Mar crean unha campaña para tentar normalizar a diversidade sexual e de identidade de xénero.

Por Galicia Confidencial | Noia | 14/02/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

“O seu amor non fai dano, o teu odio si”. Ese é o lema dunha interesante campaña posta en marcha polos alumnos do IES Virxe do Mar, de Noia, para tentar normalizar a diversidade sexual e de identidade de xénero.

De esquerda a dereita os alumnos do IES Virxe do Mar, Sofía Rodríguez, Anxo Núñez, Laura Abuín, Pablo Romeu e a mestra de Imaxe e Son, Antía Figueiras
De esquerda a dereita os alumnos do IES Virxe do Mar, Sofía Rodríguez, Anxo Núñez, Laura Abuín, Pablo Romeu e a mestra de Imaxe e Son, Antía Figueiras

Todo xurdiu dende a iniciativa do alumnado que, xunto co apoio do centro e profesorado de Imaxe e Son, remataron por deseñar a campaña para este San Valentín.

Segundo explican, a campaña consta de catro modelos de carteis nos que se amosan alumnos voluntarios en actitude agarimosa, “en dous deles hai dúas parellas ficticias gais e nos outros dous hai outras dúas parellas ficticias de lesbianas”.

En tódolos carteis se pode apreciar o lema da campaña, así como un pequeno texto que invita a aceptar o amor en todos os xeitos nos que se amosa e rexeitar de xeito rotundo o odio, “pois o amor é o único camiño”. “Consideramos que o resultado que está a dar é certamente positivo xa que, tanto o alumnado involucrado coma o que non, están a sacar bo partido dela”, apuntan.

Temas: LGTBI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta