Temas: PATACA

A crise da pataca deriva nunha crise política

O alcalde de Ribadeo critica que a Xunta delegue nos concellos a vixilancia e a incautación das patacas afectadas e pide unha solución global como a do aceite en Andalucía ou as laranxas no Levante.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 15/02/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A crise da pataca, que afecta a numerosos concellos do norte de Galicia, está derivando nunha guerra política tras a orde da Xunta de que sexan os concellos os que controlen os posibles brotes da praga da couza guatemalteca e se incauten dos exemplares afectados. 

Corte da pataca de semente
Corte da pataca de semente

O alcalde, Fernando Suárez criticou duramente esta orde. “Son medidas sen consensuar nada, ao contrario do que está a facer o Principado de Asturias cos seus Concellos afectados da outra banda da ría de Ribadeo”, denuncia. “ Sorprende que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica unha resolución de ampliación das medidas urxentes onde delegan nos Concellos a vixilancia e a incautación, se é o caso das patacas. É dicir que impidamos desde os Concellos a circulación da pataca a través dos mercados locais. Parecen medidas moi coercitivas, que cando teñen que tomar medidas coercitivas delegan nos Concellos”, denuncia.

De feito, criticou que hai moitos concellos pequenos sen Policía Local que non van ser quen de controlar a situación das súas patacas.  Así, pide da xunta unha actuación global para facerlle fronte e a posta en marcha dun plan estratéxico en todo o país.  

Tanto concellos como gandeiros afectados denuncian que a Xunta está actuando “e non toma medidas de prohibición efectiva porque agarda a que as tome o Ministerio de Agricultura”.  “E claro como para o Ministerio o das patacas non é un asunto de Estado como pode ser o aceite en Andalucía ou as laranxas no Levante, pois tómano con moita calma”, denuncia o rexedor de Ribadeo.

Temas: PATACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta