Temas: IGREXA LUGO

Folga dos veciños de Friol contra a Igrexa

Os ferigreses anuncian que non acudirán a misa os domingos ata que os reciba o bispo polo traslado do cura do concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O alcalde do municipio lucense de Friol, o popular José Santos, confirmou que os veciños de doce parroquias non acudirán a misa o vindeiro domingo, nin nos sucesivos, ata que non sexan recibidos polo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco.

Medio milleiro de persoas manfiestase fronte ao Bispado de Lugo para pedir a volta do cura das parroquias de Friol e Guitiriz
Medio milleiro de persoas manfiestase fronte ao Bispado de Lugo para pedir a volta do cura das parroquias de Friol e Guitiriz | Fonte: EP

Segundo explicou, esta medida obedece á protesta polo traslado a Ribas do Sil do párroco destas doce parroquias de Friol e dúas de Guitiriz, que levou a manifestarse fai un par de semanas a máis de cincocentas persoas ás portas do Bispado, na Praza de Santa María.

O rexedor asegurou que o feito de non ir a misa "é unha medida que adoptaron" os veciños das parroquias "nas que exercía (José) Ramón (Pérez), tanto nos dous de Guitiriz como nas doce de Friol".

"Van deixar de asistir a misas e tamén deixarán de colaborar na limpeza de cada igrexa", avanzou o rexedor de Friol en relación á medida veciñal.

MÁIS MANIFESTACIÓNS

Ademais, José Santos anunciou que este domingo volverán manifestarse en Trasmonte e "así van continuar cada fin de semana en distintas parroquias".

"A idea dos veciños e dos organizadores é esa, seguir manifestándose, reivindicando ser escoitados e vano a seguir facendo ata que se obteña unha resposta por parte do Bispado", concluíu.

Temas: IGREXA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta