Marea Atlántica inicia o luns encontros nos barrios sobre a situación política tras a cuestión de confianza

Culpa ao PSOE de facer "imposible" o acordo sobre cuestións como a área metropolitana

A CORUÑA | 17/02/2017 | Actualizada ás 14:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica organizará encontros nos barrios para debater sobre a situación política tras a cuestión de confianza á que se someteu o rexedor, Xulio Ferreiro, segundo informaron os seus representantes.

A iniciativa, co nome 'Confiamos na Marea', empezará este luns, ás 20,00 horas, na libraría 'O Fiandón', coa presenza do alcalde, Xulio Ferreiro.

En rolda de prensa, os representantes da Marea Atlántica Sabela Pérez e Álex Sánchez explicaron que o calendario previsto incluirá un total de sete actos nos barrios de Monte Alto, Palavea, Novo Mesoiro, Os Castros e A Gaiteira, Os Mallos e o Agra do Orzán e tamén no campus universitario.

Sobre a iniciativa, Sabela Pérez explicou que o obxectivo é "levar á rúa o debate sobre os motivos e consecuencias da cuestión de confianza, os proxectos que o goberno local levou a cabo e os que quedan por facer".

En todos os actos, segundo explicaron, participarán concelleiros e concelleiras. "Pero sobre todo participará a xente", engadiu.

RESPONSABILIDADE DO PSOE

Pola súa banda, Álex Sánchez argumentou que o PSOE "fixo imposible o pacto co goberno municipal cando non quixo comprometer o seu apoio nin en tres cuestiones básicas: o impulso da área metropolitana; a renovación da mobilidade e a defensa da fachada marítima contra a especulación".

Por outra banda, lembraron que o prazo para presentar unha moción de censura termina o 6 de marzo e sinalaron que a pregunta que está sobre a mesa é "se existe unha alternativa ao goberno da Marea Atlántica". No entanto, advertiron de que "calquera alternativa se basearía en apoiar os recortes ou as obras faraónicas", sentenciaron.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta